Tomiño busca unha mascota para a festa do kiwi

6 - Abril - 2009

A Concellería de Cultura convoca un concurso para obter un deseño que identifique a Festa do Kiwi

kiwisA Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, dirixida polo centrista Jesús Castiñeira, convoca un concurso de debuxo e manualidades para deseñar a mascota oficial da Festa do Kiwi, organizada por esta concellería, e que este ano terá lugar os vindeiros 9 e 10 de maio.
O certame está dirixido a todos os rapaces e rapazas de Tomiño de idades comprendidas entre os 5 e os 17 anos.
Ler o resto desta entrada »


Tomiño, abril o mes dos títeres

6 - Abril - 2009

can-titella-titeres-tanxarina-los-narigudos-redaragonBaixo o lema de “Abril Cultural”, a Concellería de Cultura do Concello de Tomiño, que dirixe o centrista Jesús Castiñeira, dedica o mes de abril aos títeres, tal como fixera co teatro no mes de marzo.
Deste xeito todos os sábados de abril haberá títeres na Casa da Cultura de Tomiño, a partires das seis e media da tarde.
Ler o resto desta entrada »


Programa de termalismo diurno en Tomiño

6 - Abril - 2009

Haberá dúas quendas, en primavera e outono, de trinta prazas cada unha

termalismoA Concellería de Benestar Social, que dirixe o centrista Pablo Baquero, pon en marcha o programa de termalismo diúrno, dirixido a maiores de 50 anos ou pensionistas. Os balnearios dispoñibles este ano serán os de Cuntis, Mondariz, A Toxa e Oia, e haberá dúas quendas: unha en primavera e outra en outono, de trinta prazas cada unha. As solicitudes poden presentarse nas oficinas dos Servizos Sociais do Concello, sitas no antigo centro de saúde (Barrio A Rocha) ata o día 17 deste mes. O Concello aportará o transporte desde a Praza do Seixo ata o balneario e regreso durante os cinco días que dure o tratamento (de luns a venres). O programa conta coa subvención do Concello de Tomiño e a Deputación Provincial, polo que os usuarios só terán que abonar unha cota única de 56 euros.


Os escolares visitan o Monte Tetón de Tomiño

26 - Marzo - 2009

A Concellería de Turismo pretende dar a coñecer os petroglifos e sendeiros de valor medio ambiental

caminhata

Os alumnos e alumnas de 3º a 6º de Primaria dos centros de ensino de Tomiño visitarán nas vindeiras semanas o Ecoparque do Monte Tetón, logo de que a Concellería de Promoción Económica, Mocidade e Turismo, en colaboración coa Comunidade de Montes en Mancomún de Santa Mª de Tebra, rematase os traballos levados a cabo co fin de poñer en valor o patrimonio natural, paisaxístico e arqueolóxico do entorno.
As visitas comezaron o mércores pasado e se estenderán ata o día 13 de maio.
A actividade “pretende transmitir aos nenos e nenas do noso municipio uns valores medio ambientais, de uso do monte, e amosarlles un enclave de gran valor cultural e paisaxístico”, explicou o concelleiro responsable da área, Xaquín Villadangos.

Ler o resto desta entrada »


Tomiño emprende a limpeza de ríos e regatos co fin de poñer en valor o seu patrimonio medioambiental

24 - Marzo - 2009

regatos_tominoO goberno municipal do Concello de Tomiño solicitou á Confederación Hidrográfica del Miño-Sil a limpeza e acondicionamento de varios cursos fluviais do termino municipal co fin de poñer en valor este patrimonio medioambiental. A intervención comezouse hai dúas semanas no regato Margaridas, no barrio de Vilachán do Monte (parroquia de Barrantes), co propósito de favorecer o curso fluvial, e retirar os tapóns de terra e vexetación que existían no canle, e que producían desbordamento e outros problemas en épocas de chuvia.
Os traballos, visitados onte pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Vergara, consisten na limpeza das marxes, a eliminación de especies vexetais invasoras, como silvas e xestas, e a plantación de salgueiros na beira do regato. Asemade, procedeuse ao dragado do canle e á retirada dos tapóns que a terra e a vexetación formaran no curso fluvial.

Ler o resto desta entrada »


Fulano, Mengano e Citano presentan a obra “ARTE” no auditorio de Goián

19 - Marzo - 2009

O sábado 21 de marzo, no Auditorio de Goián a partir das nove e media da noite, a compañía Fulano, Mengano e Citano, levará ao escenario a súa obra “Arte”.

arte

Ler o resto desta entrada »


Tomiño despide a Comunidade Educativa de CLERMONT-FERRAND

18 - Marzo - 2009

Os estudantes franceses coñeceron Galiza e conviviron cos alumnos/as tomiñeses durante oito días

 

clermont-ferrand

Durante a mañá do día 18, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, visitou o Instituto de Ensino Secundario da localidade co fin de despedir aos profesores/as e alumnos/as do centro francés de Clermont-Ferrand (Francia), que rematan hoxe a súa visita a Tomiño, no marco do décimo intercambio entre ambas institucións educativas.
A rexedora fixo entrega duns agasallos á comitiva do país veciño, e recibiu o agradecemento por parte da comunidade educativa do centro tomiñés e dos representantes do instituto galo.

Ler o resto desta entrada »


Celebrouse en Tomiño a Copa Galega de Slalom de piragüismo

12 - Marzo - 2009

Un momento da "Copa Galega de Slalom 09" en Tomiño O concello de Tomiño acolleu o pasado domingo, 1 de marzo, a primeira proba da Copa Galega de Promoción Slalom-2009, na que participaron case 90 piragüistas de distintos clubes de Galicia. 

A proba, que contou coa colaboración da Concellería de Lecer e Deportes do Concello de Tomiño, contou coa asistencia masiva dos piragüistas galegos de todas as categorías.

Ler o resto desta entrada »


Mes de Marzo adicado ó teatro en Tomiño

12 - Marzo - 2009

Catro compañías galegas actuarán os sábados de marzo no auditorio de Goián

A programación cultural, posta en marcha pola Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal, que preside o centrista e tenente de alcalde, Jesús Castiñeira, dedica todo este mes de marzo ao teatro.

Durante catro sábados consecutivos e baixo o lema “En Marzo ven o teatro ”, o auditorio de Goián recibirá a visita de catro compañías teatrais de ámbito galego.

Ler o resto desta entrada »


A concellería de transportes e tráfico estuda a viabilidade dun transporte interparroquial en Tomiño

12 - Marzo - 2009

 

Nestes días comezarán a traballar técnicos para realizar enquisas aos condutores

A Concellería de Transportes, Tráfico e Seguridade Vial do Concello de Tomiño vén de realizar nos últimos meses unha serie de traballos encamiñados  á elaboración dun estudo técnico para verificar a viabilidade do establecemento dun sistema de transporte interparroquial polo concello. A elaboración deste estudo, no que participan diversos técnicos e un enxeñeiro especializado no transporte interurbano, servirá para verificar a viabilidade da instalación dun sistema de transporte entre as diversas parroquias do Concello de Tomiño.

Ler o resto desta entrada »