O Concello de Tomiño organiza catro visitas nocturnas aos petroglifos do monte Tetón

23 - Xullo - 2009

·:·:·: O percorrido será guiado por expertos do Instituto de Estudos Miñoranos :·:·:·

O Departamento de Turismo do Concello de Tomiño organiza unha serie de visitas nocturnas aos petroglifos do Monte Tetón, que terán lugar ao longo dos meses de xullo e agosto.

Continuando coa liña de visitas ao Ecoparque do Monte Tetón iniciada o pasado curso cos escolares da vila, o Concello quere agora facer extensiva a invitación á veciñanza en xeral así como aos turistas que visiten Tomiño durante a tempada estival.

Ler o resto desta entrada »

Advertisement

“Aquele querido mês de Agosto” e “A miña vida nas tuas mans” triunfadoras do Filminho 2009

20 - Xullo - 2009

·:·:·: Aquele Querido Mês de Agosto, filme de Miguel Gomes, e A miña vida nas túas mans, animación de Nuno Beato, comparten o Grande Premio Filminho :·:·:·

filminhoDiana Gonçalves, con Mulleres da Raia, leva o Premio Cinema Minhoto

De porta en porta foi o proxecto seleccionado no Fórum de Criadores para recibir unha achega económica para a súa realización

Ruínas, de Manuel Mozos, Mención de Honra do Tribunal

O Filminho 2009 pechou no Auditorio de Goián (Tomiño) a súa segunda edición coa Gala na que se deron a coñecer os gañadores.

O xurado formado por António Victorino de Medeiros e Almeida, Manuel González, Paulo Manuel Ferreira da Cunha, Antonio Caeiro e Patrick Esteves decidíu entregar dúas fisgas, o galardón do Festival, de “Grande Premio Filminho”. As galardonadas con esta máxima distinción son a longametraxe de Miguel Gomes Aquele Querido Mês de Agosto e a curta de animación A miña vida nas túas mans, de Nuno Beato.

Tamén existía expectación por coñecer quen se levaría a fisga do Grande Premio Minhoto, que recaíu na tudense Diana Gonçalves polo seu documental Mulleres da Raia.

No Fórum dos Criadores, o proxecto seleccionado cunha achega de 2.000 euros de axuda para á súa realización foi De porta en porta, de Lino Fernández, Celso Iglesias e Lisi Fontaiña.

Ler o resto desta entrada »


Campaña de detección de fraude nas conexións de saneamento en Tomiño

14 - Xullo - 2009

A partir do 15 de Xullo, técnicos de Aqualia pasarán a inspeccionar os domicilios

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Tomiño inicia a partir do día 15 de xullo unha campaña de detección de conexións de saneamento ilegais. A campaña desenvolveraa persoal da empresa “Aqualia”, que a partir de mañá visitará debidamente identificado, os domicilios do termo municipal, e que en ningún caso cobrará pola súa visita.
Os técnicos comprobarán as altas existentes no servizo de saneamento, e no seu defecto, os posibles fraudes que puideran existir. No caso de detectarse conexións ilegais, o Concello non procederá á imposición de multas, pero esixirá a inmediata tramitación da alta no servizo.
Segundo informa Santiago Vergara, concelleiro de Medio Ambiente, con esta campaña “preténdese actualizar o Padrón de contribuíntes, e que toda a veciñanza aporte a parte que lle corresponde polos servizos municipais que utiliza”.
A necesidade de levar a cabo estas medidas, xurdiu do feito de que hai zonas do municipio onde se fixo o saneamento hai moito tempo, sen realizar logo un seguimento axeitado das conexións.
O primeiro lugar onde se desenvolverá a campaña é Figueiró, seguíndolle logo A Gándara e O Seixo.


o Concello de Tomiño organiza un curso de Manipulador de Alimentos

14 - Xullo - 2009

Os interesados/as deben inscribirse na Oficina de Desenvolvemento Local

O Concello de Tomiño organiza un curso de Manipulador de Alimentos, que terá lugar o vindeiro 22 de xullo, de 17:00 a 20:00 horas na Casa da Cultura.
Os interesados e interesadas poden apuntarse na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Tomiño, ou chamar ao teléfono 986 62 20 01/03.


Caixanova ofrece crédito gratuíto aos clientes dos comerciantes e industriais de Tomiño

13 - Xullo - 2009

·:·: A caixa de aforros asinou un convenio coa Asociación de Comerciantes e Industriais de Tomiño que pon a disposición dos clientes das empresas asociadas a Tarxeta Comercio e o crédito telefónico Crediventa :·:·

·:·: O persoal das empresas asociadas a Adeto disporá de vantaxes sociais á hora de contratar plans de pensións e seguros coa entidade financeira :·:·

O presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tomiño (Adeto), Fernando Martínez Fernández, e o director de Zona Val Miñor-Baixo Miño de Caixanova, Lino Álvarez González, renovaron a súa colaboración coa sinatura de cadansúa convenios, un de carácter financeiro e outro de apoio aos sectores produtivos, que melloran as condicións que se viñan ofrecendo aos asociados. Así mesmo, incluíronse ofertas especiais para o persoal de empresas asociadas a Adeto.

Ler o resto desta entrada »


Alfombras florais en Goián para festexar o Corpus Christi

10 - Xuño - 2009

ALFOMBRAOs veciños Goián por segundo ano consecutivo van realizar da noite do sábado 13 o domingo 14 un extenso percorrido de Alfombras florais, esta inciativa parte dun grupo de veciños que logrou poñer unha inciativa e idea en común vendose involucrada toda a vila de Goián, donde levan traballando dende vai semanas, recollendo todo tipo de verdes, flores e materiais. Este ano pretenden que o percorrido sexa maior, e todo gracias a participación incondicional da xente. Este grupo de persoas, que se faen denomimar “Os Alfombreiros” queren agradecer publicamente a todalas persoas que de un xeito ou outro están facendo posible que este proxecto se leve a bo fin.


A policía local de Tomiño amplía a súa dotación de persoal

5 - Xuño - 2009
Os novos axentes xunto á alcaldesa e á concelleira de Seguridade.

Os novos axentes xunto á alcaldesa e á concelleira de Seguridade.

:·:·: Dous dos novos axentes entraron de forma permanente e outros tantos coma auxiliares temporais :·:·:

Catro novos axentes sumáronse esta semana ao cadro de persoal da Policía Local de Tomiño, co que o número de efectivos practicamente duplicouse, pasando de cinco a nove. Dous dos novos policías incorporáronse de forma permanente, despois de superar os correspondentes procesos de oposición, mentres que os outros dous o fixeron coma auxiliares temporais, coa finalidade de reforzar o servizo durante o verán e cubrir as vacacións do persoal fixo. Ler o resto desta entrada »


Tomiño dedica o mes de xuño ás corais, baixo o lema «sons do románico»

4 - Xuño - 2009

 

:·:·: A concellería agradece a colaboración do Santuario San Campio de Lonxe :·:·:

A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, que preside o tenente de alcalde, Jesús Castiñeira, vén de presentar a súa programación cultural para este mes de xuño, na que o prato forte residirá nas actuacións das corais polifónicas, no marco do Santuario de San Campio de Lonxe, en Figueiró.

Deste xeito, todos os domingos de xuño, a partir das cinco e media da tarde, tras rematar a misa do peregrino, terán lugar, na Igrexa do Santuario de San Campio, actuacións:

-O día 7 abrirá a quenda a propia «Coral Polifónica de Tomiño».
-O día 14 actuará o coro «O Noso Lar», de Vilagarcía.
-O día 21 tocaralle a vez á «Camerata Ad Libitum».
-E o día 28 pechará o ciclo o «Coro Clásico de Vigo».

Ler o resto desta entrada »


Inaugurouse, na Praza do Seixo, a exposición “Gran De Area”

4 - Xuño - 2009

:·:·:·: A exposición de arquitectura “gran de area” permanecerá en Tomiño ata o día 16 de xuño na praza do concello :·:·:·:

O pasado mércores 3 de xuño, ás 20:30 horas, inaugurouse na Praza do Seixo a prestixiosa exposición “Gran De Area”, organizada polo Colexio Oficial de Arquitecto de Galicia, e que recolle obras premiadas polo COAG.

Pozo despois, no Salón de Plenos do Concello, celebrouse unha conferencia sobre a arquitectura feita en Tomiño, coa intervención dos arquitectos Gerardo De Villanueva e Francisco Javier Vázquez, autores dunha vivenda unifamiliar situada en Tomiño, que foi Premio Gran De Area o ano pasado. Asemade, estiveron presentes os arquitectos Carlos Álvarez e Juan Roberto Rodiño, autores do proxecto de restauración da escola “Unión do Porvenir”, que está a desenvolver na actualidade o Concello de Tomiño. Ambos proxectos premiados foron presentados ao público de forma pormenorizada, con fotos e planos explicativos.

:·:·:·: A mostra inclúe dúas edificacións situadas no municipio tomiñés e os seus autores estiveron presentes na conferencia inaugural :·:·:·:

Á conferencia asistiron máis de trinta persoas e autoridades locais e da comarca do Baixo Miño e Portugal, como o director da escola de arquitectura “Galaequia”, de Vilanova de Cerveira, Rui Correia.

Lugar: Praza do Seixo/Salón de Plenos
Data: 3 a 16 de xuño de 2009
Hora: todo o día


Tomiño pon en marcha unha web con máis de 130 páxinas e 200 recursos dixitais

3 - Xuño - 2009

:::Máis de 130 páxinas principais e uns 200 recursos dixitais conforman inicialmente a páxina web que o Concello de Tomiño pon en marcha nestes días:::

web_tominhoO espazo foi presentado hoxe no Concello coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o tenente de alcalde, Jesús Castiñeira (CdT), e o portavoz do Grupo Municipal Socialista, Santiago Vergara.

Baixo o enderezo concellotomino.com (tamén concellodetomiño.com ou concellodetomiño.es) poderase atopar ampla información turística, hostaleira, comercial, administrativa, de parroquias, concellerías, novas de interese, guía de actividades e recursos, axenda cultural e social, teléfonos de contacto, etc.

Ler o resto desta entrada »