Tomiño emprende a limpeza de ríos e regatos co fin de poñer en valor o seu patrimonio medioambiental

regatos_tominoO goberno municipal do Concello de Tomiño solicitou á Confederación Hidrográfica del Miño-Sil a limpeza e acondicionamento de varios cursos fluviais do termino municipal co fin de poñer en valor este patrimonio medioambiental. A intervención comezouse hai dúas semanas no regato Margaridas, no barrio de Vilachán do Monte (parroquia de Barrantes), co propósito de favorecer o curso fluvial, e retirar os tapóns de terra e vexetación que existían no canle, e que producían desbordamento e outros problemas en épocas de chuvia.
Os traballos, visitados onte pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Vergara, consisten na limpeza das marxes, a eliminación de especies vexetais invasoras, como silvas e xestas, e a plantación de salgueiros na beira do regato. Asemade, procedeuse ao dragado do canle e á retirada dos tapóns que a terra e a vexetación formaran no curso fluvial.

O concelleiro de Medio Ambiente, explicou que esta acción está incluída dentro do Plan E (Plan Económico para el Estímulo de la Economía y el Empleo), dotado con 5 millóns de euros para a mellora de cursos fluviais e zonas de interese medio ambiental. O edil adiantou que está prevista tamén a limpeza do curso de baixo do río Furnia, dende a ponte de Piñeiro ata a ponte de Carregal.
A alcaldesa, pola súa banda, informou que o Concello instará á Confederación Hidrográfica para que proceda, como se fixo no ano pasado, á limpeza doutros cursos fluviais como o do río Pego, dende a ponte de Vilachán ata Barrantes.
A rexedora local confía na colaboración que prestará a confederación ao Concello para coidar e poñer en valor os seus ríos e áreas de interese medioambiental, como lle fixo saber ao presidente do organismo, Francisco Liñares, nunha reunión mantida con este hai uns días.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: