X Noite Internacional do Miño en Tui

27 - Xullo - 2009

O martes día 28, celébrase a X Noite Internacional do Miño, será ás 21h no Parque do Laxal en Rebordáns

O Parque do Laxal en Rebordáns acolle mañá martes, 28 de xullo, ás 21h a X Noite Internacional do Miño. É unha co folclore protagonizado este ano polos bailes e música de Europa do Leste e de México que organiza a Escola de Música e Baile “San Fins” de Rebordáns.

Esta cita, xa consolidada, foi presentada esta mañá na Casa do Concello de Tui onde Roberto Rocha e Félix González, membros da organización, deron conta dos pormenores deste Festival respaldados polo Alcalde, Antonio Fernández Rocha, e polo Concelleiro de Cultura.

Ler o resto desta entrada »

Advertisement

O Concello de Tomiño organiza catro visitas nocturnas aos petroglifos do monte Tetón

23 - Xullo - 2009

·:·:·: O percorrido será guiado por expertos do Instituto de Estudos Miñoranos :·:·:·

O Departamento de Turismo do Concello de Tomiño organiza unha serie de visitas nocturnas aos petroglifos do Monte Tetón, que terán lugar ao longo dos meses de xullo e agosto.

Continuando coa liña de visitas ao Ecoparque do Monte Tetón iniciada o pasado curso cos escolares da vila, o Concello quere agora facer extensiva a invitación á veciñanza en xeral así como aos turistas que visiten Tomiño durante a tempada estival.

Ler o resto desta entrada »


“Aquele querido mês de Agosto” e “A miña vida nas tuas mans” triunfadoras do Filminho 2009

20 - Xullo - 2009

·:·:·: Aquele Querido Mês de Agosto, filme de Miguel Gomes, e A miña vida nas túas mans, animación de Nuno Beato, comparten o Grande Premio Filminho :·:·:·

filminhoDiana Gonçalves, con Mulleres da Raia, leva o Premio Cinema Minhoto

De porta en porta foi o proxecto seleccionado no Fórum de Criadores para recibir unha achega económica para a súa realización

Ruínas, de Manuel Mozos, Mención de Honra do Tribunal

O Filminho 2009 pechou no Auditorio de Goián (Tomiño) a súa segunda edición coa Gala na que se deron a coñecer os gañadores.

O xurado formado por António Victorino de Medeiros e Almeida, Manuel González, Paulo Manuel Ferreira da Cunha, Antonio Caeiro e Patrick Esteves decidíu entregar dúas fisgas, o galardón do Festival, de “Grande Premio Filminho”. As galardonadas con esta máxima distinción son a longametraxe de Miguel Gomes Aquele Querido Mês de Agosto e a curta de animación A miña vida nas túas mans, de Nuno Beato.

Tamén existía expectación por coñecer quen se levaría a fisga do Grande Premio Minhoto, que recaíu na tudense Diana Gonçalves polo seu documental Mulleres da Raia.

No Fórum dos Criadores, o proxecto seleccionado cunha achega de 2.000 euros de axuda para á súa realización foi De porta en porta, de Lino Fernández, Celso Iglesias e Lisi Fontaiña.

Ler o resto desta entrada »


A Concellería de Cultura de Tui presenta un Complexo Vitamínico Cultural contra a crise

17 - Xullo - 2009

·:·: A programación do segundo semestre ten un orzamento de 100 mil, dos que 40 mil son aportados polo propio Concello :·:·

Portada-VeránAs cores chamativas caracterizan o deseño do nº18 da Axenda Cultural “Corredoira” que recolle a programación cultural para o segundo semestre do ano en Tui. O deseño feito por Deideas emula un coñecido complexo vitamínico presentado así neste “envase” unha serie de “vitaminas culturais” en tempos de crise.

O Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, e o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez presentaron esta mañá esta programación, acompañados polo equipo do Departamento de Cultura e polos responsables de Deideas.

A programación presentada esta mañá ten un orzamento de 100 mil euros, dos que o Concello aporta 40 mil, sufrindo un recurte a partida orzamentaria do Departamento de Cultura, segundo explicou o rexedor tudense, Antonio Fernández Rocha, ao ser este “un ano difícil”.

Ler o resto desta entrada »


O BNG celebra a XI Festa Nacionalista do Baixo Miño coa presenza de Guillerme Vázquez

14 - Xullo - 2009

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, demandou este sábado ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que “deixe de laiarse” e que “convoque á sociedade galega en defensa dun financiamento xusto para Galiza”.

“No canto de propor non se sabe que frentes de comunidades autónomas, o señor Núñez Feijóo debería chamar á sociedade galega a que se mobilice en defensa dos seus dereitos como país, a comezar polo seu dereito a ter un financiamento xusto”, afirmou Guillerme Vázquez durante a súa intervención no curso da XI Festa Nacionalista do Baixo Miño, un acto que se celebra nas vésperas do Día da Patria Galega 09 e no que o portavoz nacional do BNG estivo acompañado, no uso da palabra, polo Responsábel Comarcal do BNG no Baixo Miño, Xosé Manuel Méndez e pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Ler o resto desta entrada »


Moción sobre a gratuidade dos libros de texto, presentada polo PSOE no Concello de Tui

14 - Xullo - 2009

O Grupo Socialista presenta unha mocion sobre a gratuidade dos libros de texto para tratar no pleno do mes de xullo

librosCon isto o Grupo Socialista do Concello de Tui pretende implicar a todos os grupos políticos en consolidar o dereito dos cidadáns a un Ensino Gratuíto para todos sen ningún tipo de condición
 
O partido socialista  esta preocupado po la actuación do PP en quitarlle este  dereito a os cidadáns en tempo de vacacións e que cando os prexudicados poidan racionar sexa demasiado tarde e o curso comece de mala maneira.
 
Os socialistas sempre temos defendido a implantación na sociedade de dereitos cidadáns universais. A Educación e a Sanidade son un claro exemplo e así o entende a grande maioría da sociedade galega.
 
Por todo isto o grupo municipal Socialista intenta acadar o Acordo Plenario:
O Pleno do Concello de Tui en base a que a educación constitúe un dereito básico e universal de toda a cidadanía insta á Xunta de Galicia a continuar co modelo de gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio impulsado polo anterior goberno, na procura dun sistema educativo universal, de calidade e gratuíto para todos e todas


Campaña de detección de fraude nas conexións de saneamento en Tomiño

14 - Xullo - 2009

A partir do 15 de Xullo, técnicos de Aqualia pasarán a inspeccionar os domicilios

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Tomiño inicia a partir do día 15 de xullo unha campaña de detección de conexións de saneamento ilegais. A campaña desenvolveraa persoal da empresa “Aqualia”, que a partir de mañá visitará debidamente identificado, os domicilios do termo municipal, e que en ningún caso cobrará pola súa visita.
Os técnicos comprobarán as altas existentes no servizo de saneamento, e no seu defecto, os posibles fraudes que puideran existir. No caso de detectarse conexións ilegais, o Concello non procederá á imposición de multas, pero esixirá a inmediata tramitación da alta no servizo.
Segundo informa Santiago Vergara, concelleiro de Medio Ambiente, con esta campaña “preténdese actualizar o Padrón de contribuíntes, e que toda a veciñanza aporte a parte que lle corresponde polos servizos municipais que utiliza”.
A necesidade de levar a cabo estas medidas, xurdiu do feito de que hai zonas do municipio onde se fixo o saneamento hai moito tempo, sen realizar logo un seguimento axeitado das conexións.
O primeiro lugar onde se desenvolverá a campaña é Figueiró, seguíndolle logo A Gándara e O Seixo.


o Concello de Tomiño organiza un curso de Manipulador de Alimentos

14 - Xullo - 2009

Os interesados/as deben inscribirse na Oficina de Desenvolvemento Local

O Concello de Tomiño organiza un curso de Manipulador de Alimentos, que terá lugar o vindeiro 22 de xullo, de 17:00 a 20:00 horas na Casa da Cultura.
Os interesados e interesadas poden apuntarse na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Tomiño, ou chamar ao teléfono 986 62 20 01/03.


Caixanova presenta o espectáculo Cultura en Ruta na Garda

14 - Xullo - 2009

Un espectáculo lúdico-musical para todas as idades que contará coa presenza do grupo de folk Brath
A compañía de clown “Meter Punk” e o grupo “The inspectors” completan esta festa

Caixanova en colaboración co Concello da Garda presentan Cultura en ruta, un espectáculo lúdico-musical que ofrecerá música e entretemento a todos os públicos. O espectáculo terá lugar o día 24 de xullo na explanada do Porto a partir das 18.00 horas.

O espectáculo se inicia ás 18.00 cun pasacalles de gaiteiros. Ás 19.30 horas, ao pé do camión escenario situado na explanada do Porto, comezará a diversión infantil con “Peter Punk”, un espectáculo sen tregua, cheo de humor e malabares, no cal o cómico lle mestura coa habilidade da busca da gargallada do público. Ás 21.00 horas, no camión escenario actuará o grupo de rock “The inspectors” e a continuación, sobre as 22.00 terá lugar a fin de festa coa actuación do grupo folk Brath.

BRATH
BRATHÉ un grupo galego de folk que leva máis de vinte e sete anos xuntos realizando música de raíz, pero cunha especial influencia do rock progresivo: caracterizado desde os seus comezos por incluír os sons dun baixo electrónico e dunha batería nas súas cancións. Ten unha ampla discografía que avala o seu traballo, discografía que lle completa con gravacións de discos colectivos e bandas sonoras para filmes e series de televisión. Ademais de realizar, neste concerto, un percorrido polos temas da súa traxectoria musical, a compañía ofreceranos temas do seu novo traballo “Camiño de Compostela”.

A entrada aos espectáculos será libre.


Caixanova ofrece crédito gratuíto aos clientes dos comerciantes e industriais de Tomiño

13 - Xullo - 2009

·:·: A caixa de aforros asinou un convenio coa Asociación de Comerciantes e Industriais de Tomiño que pon a disposición dos clientes das empresas asociadas a Tarxeta Comercio e o crédito telefónico Crediventa :·:·

·:·: O persoal das empresas asociadas a Adeto disporá de vantaxes sociais á hora de contratar plans de pensións e seguros coa entidade financeira :·:·

O presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tomiño (Adeto), Fernando Martínez Fernández, e o director de Zona Val Miñor-Baixo Miño de Caixanova, Lino Álvarez González, renovaron a súa colaboración coa sinatura de cadansúa convenios, un de carácter financeiro e outro de apoio aos sectores produtivos, que melloran as condicións que se viñan ofrecendo aos asociados. Así mesmo, incluíronse ofertas especiais para o persoal de empresas asociadas a Adeto.

Ler o resto desta entrada »