“Aquele querido mês de Agosto” e “A miña vida nas tuas mans” triunfadoras do Filminho 2009

20 - Xullo - 2009

·:·:·: Aquele Querido Mês de Agosto, filme de Miguel Gomes, e A miña vida nas túas mans, animación de Nuno Beato, comparten o Grande Premio Filminho :·:·:·

filminhoDiana Gonçalves, con Mulleres da Raia, leva o Premio Cinema Minhoto

De porta en porta foi o proxecto seleccionado no Fórum de Criadores para recibir unha achega económica para a súa realización

Ruínas, de Manuel Mozos, Mención de Honra do Tribunal

O Filminho 2009 pechou no Auditorio de Goián (Tomiño) a súa segunda edición coa Gala na que se deron a coñecer os gañadores.

O xurado formado por António Victorino de Medeiros e Almeida, Manuel González, Paulo Manuel Ferreira da Cunha, Antonio Caeiro e Patrick Esteves decidíu entregar dúas fisgas, o galardón do Festival, de “Grande Premio Filminho”. As galardonadas con esta máxima distinción son a longametraxe de Miguel Gomes Aquele Querido Mês de Agosto e a curta de animación A miña vida nas túas mans, de Nuno Beato.

Tamén existía expectación por coñecer quen se levaría a fisga do Grande Premio Minhoto, que recaíu na tudense Diana Gonçalves polo seu documental Mulleres da Raia.

No Fórum dos Criadores, o proxecto seleccionado cunha achega de 2.000 euros de axuda para á súa realización foi De porta en porta, de Lino Fernández, Celso Iglesias e Lisi Fontaiña.

Ler o resto desta entrada »

Advertisement

O BNG celebra a XI Festa Nacionalista do Baixo Miño coa presenza de Guillerme Vázquez

14 - Xullo - 2009

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, demandou este sábado ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que “deixe de laiarse” e que “convoque á sociedade galega en defensa dun financiamento xusto para Galiza”.

“No canto de propor non se sabe que frentes de comunidades autónomas, o señor Núñez Feijóo debería chamar á sociedade galega a que se mobilice en defensa dos seus dereitos como país, a comezar polo seu dereito a ter un financiamento xusto”, afirmou Guillerme Vázquez durante a súa intervención no curso da XI Festa Nacionalista do Baixo Miño, un acto que se celebra nas vésperas do Día da Patria Galega 09 e no que o portavoz nacional do BNG estivo acompañado, no uso da palabra, polo Responsábel Comarcal do BNG no Baixo Miño, Xosé Manuel Méndez e pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Ler o resto desta entrada »


Caixanova presenta o espectáculo Cultura en Ruta na Garda

14 - Xullo - 2009

Un espectáculo lúdico-musical para todas as idades que contará coa presenza do grupo de folk Brath
A compañía de clown “Meter Punk” e o grupo “The inspectors” completan esta festa

Caixanova en colaboración co Concello da Garda presentan Cultura en ruta, un espectáculo lúdico-musical que ofrecerá música e entretemento a todos os públicos. O espectáculo terá lugar o día 24 de xullo na explanada do Porto a partir das 18.00 horas.

O espectáculo se inicia ás 18.00 cun pasacalles de gaiteiros. Ás 19.30 horas, ao pé do camión escenario situado na explanada do Porto, comezará a diversión infantil con “Peter Punk”, un espectáculo sen tregua, cheo de humor e malabares, no cal o cómico lle mestura coa habilidade da busca da gargallada do público. Ás 21.00 horas, no camión escenario actuará o grupo de rock “The inspectors” e a continuación, sobre as 22.00 terá lugar a fin de festa coa actuación do grupo folk Brath.

BRATH
BRATHÉ un grupo galego de folk que leva máis de vinte e sete anos xuntos realizando música de raíz, pero cunha especial influencia do rock progresivo: caracterizado desde os seus comezos por incluír os sons dun baixo electrónico e dunha batería nas súas cancións. Ten unha ampla discografía que avala o seu traballo, discografía que lle completa con gravacións de discos colectivos e bandas sonoras para filmes e series de televisión. Ademais de realizar, neste concerto, un percorrido polos temas da súa traxectoria musical, a compañía ofreceranos temas do seu novo traballo “Camiño de Compostela”.

A entrada aos espectáculos será libre.


Caixanova ofrece condicións financeiras especiais aos comerciantes e empresarios de O Baixo Miño

24 - Xuño - 2009

:·:·:·:· A caixa de aforros asinou un convenio coa Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios que ofrece financiamento gratuíta aos clientes das empresas asociadas, con pagamentos fraccionados de ata doce meses ·:·:·:·:

convenio-AbacoCaixanova aplicará unhas condicións financeiras especiais ao colectivo de comerciantes e empresarios de O Baixo Miño, así como liñas de crédito gratuítas para os seus clientes mediante a utilización das Tarxetas Comercio e crédito telefónico Crediventa. Estas condicións recóllense no convenio de colaboración financeira subscrito entre o presidente da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios (Abaco), Ángel Luis Baz Vicente, e o director de Zona Miñor-Baixo Miño de Caixanova, Lino Álvarez González.

Ler o resto desta entrada »


Finaliza o taller de “Estimulación de Memoria” da Cruz Vermella do Baixo Miño

23 - Xuño - 2009

·:·:·: 45 mulleres do grupo de estimulación de memoria da Cruz Vermella no Baixo Miño finalizan o taller cunha entrega de diplomas o próximo 30 de Xuño ás 16:30 no centro Cultural da Guarda :·:·:·

Desde o ano 2003, voluntarios e voluntarias da Asemblea Comarcal da Cruz Vermella do Baixo Miño desenvolven un taller de estimulación de memoria para persoas maiores de 65 anos. Desde entón, son máis de 60 as persoas que participaron nestes talleres cun alto nivel de satisfacción, tanto por parte d@s usuari@s como por parte do equipo de voluntarios que desenvolven a actividade no clube de xubilados e pensionistas da Guarda.

Ler o resto desta entrada »


Comunicado das Asociacións de Nais e Pais do Baixo-Miño sobre a consulta da Consellería de Educación sobre o uso do galego

17 - Xuño - 2009

As Asociacións de Nais e Pais do Baixo_Miño abaixo detalladas, ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queren transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:
Ler o resto desta entrada »


A VI Mostra de Cultivos do Baixo Miño celebrouse en Goián (Tomiño)

27 - Abril - 2009

::: A VI MOSTRA DE CULTIVOS DO BAIXO MIÑO REÚNIU A PASADA FIN DE SEMANA UNHA TRINTENA DE VIVEIROS, PRODUTORES DE HORTA E EMPRESAS AUXILIARES DO CAMPO :::

mostraO 25 deste mes, no pavillón Municipal de Goián (Tomiño), foi inaugurada a VI Mostra de Cultivos do Baixo Miño, organizada polo Concello de Tomiño conxuntamente cos Produtores do Baixo Miño e co patrocinio de Fibanc Mediolanum. O acto contóu coa presenza dos alcaldes da comarca, membros da corporación municipal e autras autoridades da zona.

Ler o resto desta entrada »


Curso gratuíto de Comercio Electrónico e Preteccion de Datos

20 - Abril - 2009

e-comercioA Asociación ‘ábaco’ e a Academia Informática San Benito, organizan un Curso gratuíto de Comercio electrónico e Protección de datos, para autónomos e desempregados. Este curso impartiráse durante un mes e terá unha duración de 25 horas repartidas no seguinte horario: os luns e mércores de 20:30 a 23:00. O Curso comezará o vindeiro luns 27 de abril de 2009 e rematará o 27 de Maio.

::: Decidiuse cambiar as datas do curso quedando para comenzar o día Luns 4 de Maio e finalizar o 3 de Xuño, perdoade as molestias que vos poda ocasionar :::

 

 

Ler o resto desta entrada »


A Asociación de Vigueses no Baixo Miño celebrou a Reconquista de Vigo

14 - Abril - 2009

O pasado día 28 celebrouse, por primeira vez, a conmemoración da Reconquista de Vigo, no concello de Tomiño, por iniciativa da Asociación de Vigueses no Baixo Miño, de recente constitución.

O acto foi moi animado e consistíu nun ágape, nos xardíns do Parque Infantil de Solleiro, non faltou como é lóxico, a bandeira oficial de Vigo, cedida polo Excmo. Concello de Vigo, para este fin.

Neste acto estivo presente o concelleiro de Benestar Social D. Pablo Baquero.


‘ábaco’ abre o Prazo de Inscripción para a “II Ruta do Pincho”

7 - Abril - 2009

O Pasado Luns día 6 de Abril celebróuse nas Oficinas da Asociación ábaco unha Reunión cos representantes dos establecementos interesados en participar na II Ruta do Pincho.
Nesta Reunión, presentada polo Presidente Ángel Luis Baz Vicente, estableceronse as Bases polas cales e rexirá esta Campaña e que foron asinadas polos representantes dos Locais interesados.
Do mesmo xeito acordouse o Calendario de Realización desta Campaña que comezará o Venres 8 de Maio e durará ata o Domingo 31 de Maio, catro fines de semana nos cales os clientes podrán degustar os pinchos que ofrecerán os establecementos participantes nos seguintes horarios: Venres (de 11:30 a 13:00horas e de 19:00 a 22:00horas), Sábados (de 11:30 a 13:00horas e de 19:00 a 22:00horas) e os Domingos (de 11:30 a 13:00horas).
Ler o resto desta entrada »