Mes de Marzo adicado ó teatro en Tomiño

Catro compañías galegas actuarán os sábados de marzo no auditorio de Goián

A programación cultural, posta en marcha pola Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal, que preside o centrista e tenente de alcalde, Jesús Castiñeira, dedica todo este mes de marzo ao teatro.

Durante catro sábados consecutivos e baixo o lema “En Marzo ven o teatro ”, o auditorio de Goián recibirá a visita de catro compañías teatrais de ámbito galego.

Abre a programación Expresión Teatro, coa obra “Vaia ladrón” o día 7. Continuará Pinguela Teatro, con “Razóns de peso” o día 14.

O sábado 21, será a compañía Fulano, Mengano e Cítano, co espectáculo “Arte” quen ocupe o escenario do Auditorio Municipal, e pechando a programación, Prixela Teatro, con “O achado do Castro”.

Todas as representacións teñen carácter gratuíto e se representarán todas a mesma hora: ás 21:30, sendo para todos os públicos, excepto no caso da obra do día 21, qué ten a cualificación para maiores de 13 anos.

Segundo o concelleiro de Cultura, Educación e Participación Veciñal, “con esta iniciativa preténdese dotar dun maior peso específico ao teatro, dentro do que é a programación anual, dando por outra banda, resposta positiva á petición que dende a Escola Municipal de Teatro se viña facendo neste senso”.

O edil precisou que obras se orientan a toda a familia, excepto a de “Fulano, Mengano e Citano” que non se recomenda para os máis cativos, e que se fixeron coincidir todas as actuacións nun mesmo día da semana e a unha mesma hora para crear hábito nos potenciais asistentes.

 

Comedia de enredos

A obra que abriu a programación cultural do mes, “Vaia ladrón”, é unha comedia de enredos na que un veterano e experimentado ladrón sufre unha serie de peripecias que lle acontecen ao entrar nunha casa. A obra, dirixida por Manuel Solla Barragáns, ten unha estrutura literaria, escénica e rítmica axeitada para representar unha comedia de enganadores e enganados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: