A Concellería de Cultura convoca un concurso para obter un deseño que identifique a Festa do Kiwi
A Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, dirixida polo centrista Jesús Castiñeira, convoca un concurso de debuxo e manualidades para deseñar a mascota oficial da Festa do Kiwi, organizada por esta concellería, e que este ano terá lugar os vindeiros 9 e 10 de maio.
O certame está dirixido a todos os rapaces e rapazas de Tomiño de idades comprendidas entre os 5 e os 17 anos.
Por outra banda, informar que xa teñen confirmada a súa asistencia unha vintena de asociacións e numerosas empresas do sector.
Como noutros anos, a festa se organiza en colaboración coa Asociación Profesional de Kiwicultores de Galicia, e outras entidades como Caixanova, Asociación de Empresarios e Comerciantes de Tomiño, Federación de Veciños Terra Miño, Frutas Serafín, Kiwi Atlántico e Kiwi España.
Nesta segunda edición, o Concello aumentará o número de stands e casetas dispoñibles. Outra novidade do 2009 é que poden acudir tamén persoas a título individual, non soamente empresas ou asociacións, como acontecera o ano pasado.
Efectivamente, esta edición disporá de 40 stands e 30 casetas que serán adxudicados entre os peticionarios por orde de solicitude. Os requisitos marcados pola organización esixen o compromiso de permanecer os dous días da festa atendendo o stand ou caseta, e ofertar produtos elaborados a base de kiwi, ou produtos e/ou artesanía típica de Tomiño ou da comarca do Baixo Miño.
A Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, anima a todas as asociacións, entidades e persoas individuais interesadas, a participar na vindeira Festa do Kiwi-Tomiño 2009, que soliciten xa a cesión de caseta ou stand correspondente. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono. 986 622988 ou contactar coa organización no e-mail culturatomino@yahoo.com .
O día 9 de maio ás 11:30 horas terá lugar a inauguración oficial da II FESTA DO KIWI-TOMIÑO 2009, á que serán invitadas distintas autoridades, presidente da Deputación Provincial, alcaldes e concelleiros dos municipios do Baixo Miño.