Presentouse o equipo rosaleiro “sempre ó corte” que participará no Campionato Galego de Rally

5 - Maio - 2009

O pasado venres 1 de maio ás 23:00 h e coa colaboración do Concello do Rosal tivo lugar en Martín a Presentación do equipo rosaleiro “Sempre ó Corte” que, con dous coches, participará no Campionato Galego de Rally.

FOTO-(3)

Os dous Peugeot 205 do equipo que participarán no Campionato Galego

Por un lado estarán ao volante dun Peugeot 205 Rally o piloto Jorge Díaz Ferreira (Chiño) e o seu copiloto Miguel Gómez Peláez (Fusco), que participarán no grupo X da clase 11. Por outro, cun Peugeot 205 GTI, o piloto José Calvar González (Calvar) e a súa copiloto Eva Costas Rodríguez que competirán tamén no grupo X pero na clase 12.

Ler o resto desta entrada »

Advertisement

A Federación Galega e a Federación Provincial de Comercio entregaron no Rosal 19 certificacións de calidade.

22 - Marzo - 2009

A Federación Galega de Comercio e a Federación Provincial de Comercio de Pontevedra entregaron no municipio do Rosal 19 certificados de calidade subvencionados pola Consellería de Industria e Comercio.
Presidiron o acto, o alcalde do Rosal, Jesús Fernández Portela, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, o Presidente da Federación Provincial de Comercio, Antonio Reguera Repiso, o Presidente da

Ler o resto desta entrada »


As clases de pintura trasladáronse do Centro Social á antigua Escola de Simón del Mazo

19 - Marzo - 2009

clases-pinturaRecentemente as clases de pintura organizadas pola OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do Rosal trasladáronse da aula do Centro Social Polivalente ao edificio municipal e antiga escola da rúa Simón del Mazo.
Dende 2003 estas clases están impartidas por Águeda Suárez Vicente, con grupos de entre 20 e 30 alumnos cada ano. No actual cursan 24 usuarios repartidos en tres grupos (dous o venres de tarde e un o sábado de mañá, hora e media á semana).
Ler o resto desta entrada »


Campaña de fidelidade no sector comercial e hosteleiro de A Guarda e O Rosal

12 - Marzo - 2009

 A campaña de fidelidade comenza con máis de 40 establecementos adheridos

O pasado día 1 de Marzo iniciouse a Campaña de Fidelización que a Asocación ‘ábaco’ organizou para promover a dinamización do sector comercial e hosteleiro de A Guarda e O Rosal e que terá unha duración ata fín de ano.

Nesta Campaña máis de 40 empresas asociadas a ‘ábaco’ porán un desconto ou oferta especial para todos aqueles clientes que presenten, no momento de realizalas súas compras ou consumicións, a Tarxeta de Fidelidade, que se pode conseguer nos propios establecementos participantes nesta campaña ou nas oficinas da Asociación ‘ábaco’. Ler o resto desta entrada »


O pavillón do Rosal terá un novo ximnasio

26 - Xaneiro - 2009

A Deputación Provincial de Pontevedra asinará un convenio de colaboración co Concello de O Rosal que posibilitará a instalación dun sistema para a eliminación de humidades e condensacións no pavillón de deporte e a ampliación do mesmo para a creación dun ximnasio. Este acordo foi aprobado pola Xunta de Goberno celebrada onte. Ler o resto desta entrada »


FEBAN e ACIGU recollen material apra o FITUR

21 - Xaneiro - 2009

Desde a Federación de Empresarios do Baixo Miño- FEBAM- e desde a Asociación de Empresarios da Guarda- ACIGU CCA- informan que con motivo da próxima edición de FITUR 2009, na que ACIGU CCA estará presente no posto de Padroado de Turismo Rías Baixas, están realizando o labor de recoller publicidade e información dos nosos asociados do sector hostalerías para TURGALICIA para a súa exposición e divulgación na maior feira de turismo do mundo, FITUR 2009. É esta unha gran oportunidade para dar a coñecer o noso sector hostaleiro, dado o carácter internacional do devandito evento.


Actividades de inmersión lingüística no verán 2009

20 - Xaneiro - 2009

Aberto o  prazo para solicitar as axudas a Consellería de Educación que convoca 2.650 axudas para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2009, desde a última semana de xuño ata o 31 de agosto. Ler o resto desta entrada »


A Guarda, O Rosal e Tomiño informan das axudas de inmersión lingüística

13 - Xaneiro - 2009

As OMIX da Guarda, O Rosal e Tomiño  informan da apertura do prazo para solicitar axudas para as actividades de inmersión lingüística no verán de 2009. Ler o resto desta entrada »


O filólogo arxentino Higino Martins presentou en Oia o seu libro ‘As tribus galaicas’

12 - Xaneiro - 2009

O lingüista, filólogo e investigador arxentino da cultura celta Higino Marins presentou este 15 de decembro no concello baixomiñota de Oia o seu libro ‘As tribus galaicas’. O autor é de orixe galega, xa que os seus pais naceron neste mesmo concello, onde aínda vive a maioría dos seus familiares directos. Ler o resto desta entrada »


A Deputación impulsa a calidade e competitividade do kiwi

12 - Xaneiro - 2009

España é o país con máis consumo per cápita de kiwi do mundo, xa que consome 80 millóns de quilos de kiwi e só produce 12 millóns, dos cales ou 65 por cento saen dás 500 hectáreas de cultivo desta froita que existen en Galicia, sobre todo nos municipios pontevedreses de Oia, Tomiño, O Rosal e A Guarda. Ler o resto desta entrada »