Haberá dúas quendas, en primavera e outono, de trinta prazas cada unha
A Concellería de Benestar Social, que dirixe o centrista Pablo Baquero, pon en marcha o programa de termalismo diúrno, dirixido a maiores de 50 anos ou pensionistas. Os balnearios dispoñibles este ano serán os de Cuntis, Mondariz, A Toxa e Oia, e haberá dúas quendas: unha en primavera e outra en outono, de trinta prazas cada unha. As solicitudes poden presentarse nas oficinas dos Servizos Sociais do Concello, sitas no antigo centro de saúde (Barrio A Rocha) ata o día 17 deste mes. O Concello aportará o transporte desde a Praza do Seixo ata o balneario e regreso durante os cinco días que dure o tratamento (de luns a venres). O programa conta coa subvención do Concello de Tomiño e a Deputación Provincial, polo que os usuarios só terán que abonar unha cota única de 56 euros.