Celebrouse en Tomiño a Copa Galega de Slalom de piragüismo

Un momento da "Copa Galega de Slalom 09" en Tomiño O concello de Tomiño acolleu o pasado domingo, 1 de marzo, a primeira proba da Copa Galega de Promoción Slalom-2009, na que participaron case 90 piragüistas de distintos clubes de Galicia. 

A proba, que contou coa colaboración da Concellería de Lecer e Deportes do Concello de Tomiño, contou coa asistencia masiva dos piragüistas galegos de todas as categorías.

O concelleiro de Lecer e Deportes do Concello de Tomiño, o centrista Fernando Álvarez, salientou trala entrega de trofeos, a relevancia dun acontecemento deportivo destas características na localidade, subliñando a alta participación acadada, o que na súa opinión, é unha mostra da boa saúde da que goza o piragüismo en Galicia, e especialmente en Tomiño, cun club como o dos Teixugos, presente na proba e gañador de varios trofeos.

 

En infantil feminino, María Souto, do Club Tea de Mondariz-Balneario, gañou o primeiro posto, seguida por Sara Vázquez, do Quixós, e Uxía González, do Val Miñor.

En K-1 infantil masculino quedou primeiro Isaac Guedes, do A.B. Salvaterra; segundo, David Saco e terceiro, Diego Vázquez, ambos do Quixós.

En C-1 infantil masculino, Miguel Varcárcel, do Club Deportivo Miño-Os Teixugos, acadou a primeira posición por diante de David Saco, do Quixós, e Isaac Guedes, do A.B. Salvaterra.

En C-1 infantil femenino, o primeiro posto foi para Sara Vázquez Fajín, seguida por María Souto, do Club Tea de Mondariz-Balneario, e Uxía González, do Val Miñor.En C-1 alevín masculino, Manuel Ochoa, do Club Deportivo Miño-Os Teixugos, foi o gañador. En C-1 benxamín feminino, Isabel Varcárcel, tamén dos Teixugos, impúxose na proba.
O calendario da Copa Galega de Promoción Slalom-2009 consta de sete probas. Ademais da cita de Tomiño celebraranse tamén as probas en Ribadumia (28 de marzo), Gondomar (25 de abril), Mondariz (23 de maio), O Rosal (6 de xuño), Dumbría (8 de agosto) e Monforte de Lemos (22 de agosto).

En C-2 infantil feminino, o equipo formado por Sara Vázquez Fajín e María Fernández, do Quixós, gañou a proba.

 

Por clubes, o Club de Piragüismo Montaña Quixós quedou primeiro na clasificación, seguido polo Club Deportivo Miño-Os Teixugos, de Goián, e en terceiro lugar, o Club Deportivo Municipal de Piragüismo de Dumbría.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: