Os escolares visitan o Monte Tetón de Tomiño

A Concellería de Turismo pretende dar a coñecer os petroglifos e sendeiros de valor medio ambiental

caminhata

Os alumnos e alumnas de 3º a 6º de Primaria dos centros de ensino de Tomiño visitarán nas vindeiras semanas o Ecoparque do Monte Tetón, logo de que a Concellería de Promoción Económica, Mocidade e Turismo, en colaboración coa Comunidade de Montes en Mancomún de Santa Mª de Tebra, rematase os traballos levados a cabo co fin de poñer en valor o patrimonio natural, paisaxístico e arqueolóxico do entorno.
As visitas comezaron o mércores pasado e se estenderán ata o día 13 de maio.
A actividade “pretende transmitir aos nenos e nenas do noso municipio uns valores medio ambientais, de uso do monte, e amosarlles un enclave de gran valor cultural e paisaxístico”, explicou o concelleiro responsable da área, Xaquín Villadangos.

Os primeiros estudantes que gozaron da visita ao monte Tetón foron os do colexio público de Tebra; prevíndose unha visita por semana, de modo que todos os centros educativos, incluído o IES, vaian pasando polo ecoparque nas semanas vindeiras.
Dirixidos por guías especializados, os alumnos se alumnas saíron a primeira hora da mañá (c Concello fíxose cargo do transporte), xa que a esa hora hai mellor visibilidade. Percorreron unha senda natural que atravesa todo o parque ata aos petroglifos e un dos miradoiros existentes, dende o cal é posible divisar todo o val de Tebra. A visita guiada durou unhas tres horas aproximadamente, e ao remate da mesma, na zona de merendoiros, realizouse unha actividade de plástica relacionada cos petroglifos.
A visita do departamento de Forestais do IES será especial, adaptada á idade dos participantes e contará cunha charla-coloquio con integrantes da comunidade de montes.

Combinacións circulares
O espazo que abarca o ecoparque foi cedido pola Comunidade de Montes en Man Común de Sta. Mª de Tebra. Esténdese dende o miradoiro de Hortos ata o do Tetón, no cumio deste monte, e inclúe un parque forestal e un sendeiro de 2 quilómetros entre ambos miradoiros. Ao longo do seu trazado permite coñecer o patrimonio natural do monte e os nomeados petroglifos do Tetón; particularmente interesantes porque entre os seus motivos encontrase as combinacións circulares máis grandes de Europa das coñecidas ata agora.
Son pois obxectivos deste proxecto ofrecer un espazo de ocio recreativo enriquecido con importantes valores culturais debidamente interpretados ao público visitante. Para iso foi necesaria a realización de obras de acondicionamento e a creación de servizos como unha área recreativa co mobiliario necesario, aparcamento, fontes, zona de xogos tradicionais, servizos, construción de dous miradoiros, sendeiros e sinalización interpretativa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: