Tui despediu o Entroido co Enterro do Bacallau. A comitiva partiu da Praza de San Fernando percorrendo ás rúas Seixas, Ordóñez e Paseo da Corredoira, onde se fixo unha parada no Cantón de Diómedes para ler as coplas, debéndo entregar previamente unha copia á organización, coa cara descuberta, por parte das comparsas que así o desexaran. O percorrido do enterro continuou pola Praza da Inmaculada, Augusto González Besada, enlace travesía de Ourense e Aparcamento Municipal, onde se procedeu á cerimonia do enterro mediante incineración. O enterro acudiron as comparsas na súa totalidade, de rigoroso loito. Dende a Concellería de Cultura calcúlase que máis de 800 persoas participaron activamente na despedida do Entroido.