Campaña de fidelidade no sector comercial e hosteleiro de A Guarda e O Rosal

 A campaña de fidelidade comenza con máis de 40 establecementos adheridos

O pasado día 1 de Marzo iniciouse a Campaña de Fidelización que a Asocación ‘ábaco’ organizou para promover a dinamización do sector comercial e hosteleiro de A Guarda e O Rosal e que terá unha duración ata fín de ano.

Nesta Campaña máis de 40 empresas asociadas a ‘ábaco’ porán un desconto ou oferta especial para todos aqueles clientes que presenten, no momento de realizalas súas compras ou consumicións, a Tarxeta de Fidelidade, que se pode conseguer nos propios establecementos participantes nesta campaña ou nas oficinas da Asociación ‘ábaco’.

A Tarxeta de Fidelidade é gratuíta, e é válida para todalas ofertas da Campaña, polo cal ten un carácter xenérico para todas elas. O obxectivo esencial desta Campaña é favorecelas compras e consumicións no noso pobo e premiala fidelidade dos clientes dos nosos establecementos promovendo o comercio e a hostelería.

As ofertas ou descontos da Campaña de Fidelidade non serán válidas se o establecemento se encontra en temporada de Rebaixas ou xa ten disposto outro desconto especial.

 

ESTABLECEMENTO

DESCONTO OU OFERTA

Academia Language School Award Matrícula e material gratis
Polería Hnas. Vaquero 5% mercando polo enteiro
Autoservicio La Marina 5% en productos típicos da terra
Asesoría Vinícola Rosalvín(O Rosal) 15% en corchos
Talleres Motorauto 10% en aceites, filtros e man de obra
Autocar La Guía 15% en aceite e filtros
Café-bar Gabinete Venres e sábados de 11:00 a 3:00am. 3×2 en copas
Cervecería Zentral Coa túa copa un chupito da casa gratis
Cafetería Pool Chaos Tódolos días as cañas 10cent. Máis baratas, excepto os venres
Lolipop 3×2 en copas de Lunes a Viernes
Clínica Veterinaría Alameda 10% en tódolos productos
Confitería Estévez 10% en licores
Panadería Volován 10% en productos de panadería
Copistería Quisqueya 10% en fotocopias
Decoraciones Bambino 10% en alfombras e colchas
Discoteca Sinvento 3×2 en copas de Lunes a Viernes
Distribuciones Disramo 10% en Albariño Videiriña
Electrodomésticos Expert 5% en CD´s e DVD´s
Ferretería Don Brico 5% en tódolos productos, agás os que xa están en oferta
Floristería Los Arcos 5% en arreglos florais
Gándara Fotógrafo 10% en revelado para máis de 30 fotografías
Hotel Convento de San Benito 48€ habitación dobre standard en tódala temporada baixa
Inmobiliaria Lidia Rodríguez 10% en la 1ª mensualidad en alquileres de bajos, pisos y casas
Librería-Papelería Cervantes 5%-15% según artículos y oferta 2 libros de Byblos por sólo 6€
Mobles Armakit(O Rosal) 25% en colchones
Complementos y Decoración Toko 10% en artículos de decoración
Lencería Fetiche 5% en medias y calcetines
Modas El Relámpago 10% en compra de máquinas de coser nuevas
Anxosport 20% en compras superiores a 30€
Mako Jeans 10% en compras superiores a 50€
Parafarmacia Martínez En compras superiores a 60€ regalo vale de 3€(excepto alimentación infantil)
Peluquería Imagen 10% en traballos técnicos de peluquería e en estética
Mador Arte 5% en tódolos productos
Productos Típicos Alambique 10% en camisolas con deseños orixinais en galego(Lodisome)
Restaurante Arruaz 10% en compras superiores a 50€
Restaurante Estación Marítima Refresco gratis en comida para levar e chupitos e cafés gratis en ceas
Restaurante Marouco de Palla De Luns a Venres chupitos e cafés gratis en ceas e comidas
Aegón Salud 10% na contratación de pólizas de 2 ou máis persoas
Seguros Bilbao 10% en calqueira tipo de seguro
Tintorería Nova-Lim-Piel Por cada limpeza de prenda de pel, regalo de limpeza de dúas prendas de textil
Seguros Maphre 10% en seguros del hogar y comercios

Para recoñecer todolos establecementos adheridos á Campaña de Fidelidade a Asociación ‘ábaco’ fixo uns distintivos de cor azul que están colocados nas portas ou escaparates dos establecementos participantes, para que deste xeito, se sepa cales son os establecementos que participan.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: