Presentouse o equipo rosaleiro “sempre ó corte” que participará no Campionato Galego de Rally

O pasado venres 1 de maio ás 23:00 h e coa colaboración do Concello do Rosal tivo lugar en Martín a Presentación do equipo rosaleiro “Sempre ó Corte” que, con dous coches, participará no Campionato Galego de Rally.

FOTO-(3)

Os dous Peugeot 205 do equipo que participarán no Campionato Galego

Por un lado estarán ao volante dun Peugeot 205 Rally o piloto Jorge Díaz Ferreira (Chiño) e o seu copiloto Miguel Gómez Peláez (Fusco), que participarán no grupo X da clase 11. Por outro, cun Peugeot 205 GTI, o piloto José Calvar González (Calvar) e a súa copiloto Eva Costas Rodríguez que competirán tamén no grupo X pero na clase 12.

Ata Martín se achegaron para apoiar a este novo equipo rosaleiro -entre outros pilotos- Pablo Pazó, que este ano participa no Nacional de Rallyes sobre Asfalto e Pedro Burgo, que o domingo vén de impoñerse co seu Mitshubishi Evo VIII ao campión do Mundo Didier Auriol na final da “Carrera de Campeones – Trofeo Caixanova” que se disputou no recinto do IFEVI con motivo do Racingshow no Salón do Automóbil de Vigo.
O equipo “Sempre ó Corte” quere agradecer publicamente a axuda e implicación do Concello e o seu alcalde Jesús Mª Fernández Portela, ademais dos seus patrocinadores así como a desinteresada cooperación da Comunidade de Montes de San Miguel de Tabagón, a adega Lagar de Cervera, o Bar San Martiño ou a tenda de recambios +EVO.
En definitiva a todos os que fixeron posible a creación deste grupo humano de máis de 25 compoñentes e nesta ocasión a pilotos e particulares que axudaron na presentación e exposición de rally.
Lembramos que o venres no Rosal púidose ver grazas á organización de “Sempre ó Corte” un Ferrari F-50, un Mitshubishi Evo IX e tamén un EVO X, un Ford Sierra Cosworth, un ZX Kit-car, coches clásicos, de car cross, etc.

Fotografía: Juan Ramón M. Barbosa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: