O Teatro Municipal de Tui foi o segundo espazo con maior media de espectadores da RGTA en 2008

 :::A cifra supérase xa no que levamos do primeiro semestre :::

O Teatro Municipal de Tui foi o segundo espazo da Rede Galega de Teatro e Auditorios, RTGA, con maior media de espectadores por función ao longo de 2008. Así Tui logrou unha media de 251,27 espectadores nos 15 espectáculos que ofreceu da Rede, unha cifra so superada por Pontevedra que acadou os 344,2 espectadores en 20 funcións.

Estes datos son aportados por AGADIC axencia galega das industrias culturais, dependente da Consellería de Cultura.

Máis información en:  www.agadic.info/imxd/boletin/doc/1238676274e_scena_abril_09.pdf

Compre salientar amais que o Teatro Municipal de Tui está incluso por riba da media galega que se sitúa nas 146 persoas por función, nos case 50 espazos que forman parte da RTGA, e que teñen unha media de 16 funcións ao ano de programación.

Xa no que se refire ao que levamos do primeiro semestre de 2009 a media de espectadores en Tui supera incluso ao do ano pasado acadando as 281 persoas de media nas 6 funcións celebradas dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios. A esta cifra hai que sumar os 359 espectadores que asistiron ao concerto que a Real Filharmonía de Galicia ofreceu en Tui.

Venda de entradas por internet

Con respecto a este primeiro semestre do ano cabe salientar a posta en marcha da venda de entradas por internet, onde nas cinco funcións que se puxeron á venda ao través da web http://www.culturatui.info o 20% das butacas foron vendidas deste xeito.

Por outra parte durante as Festas de San Telmo celebrouse a I Semana do Teatro Afeccionado no que participaron cinco grupos de Tui cun gran éxito de público xa que houbo un total de 1.430 espectadores, o que da unha media de 286 persoas por función.

Dende Concellería de Cultura de Tui quérese destacar o importante papel do público no éxito da programación cultural que elabora, xa que as cifras falan por si mesmas, e sitúan ao Teatro Municipal de Tui nos espazos con máis público a nivel galego. Por este motivo quérese de xeito especial agradecer a fidelidade do público tudense e fóraneo, que o seu apoio as actividades que se levan a cabo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: