O Centro de Dinamización da Guarda remata o mes con 29 usuari@as máis

A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e otros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en abril co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas Novas Tecnoloxías na Guarda. No mes que remata impartiu un total de 5 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que se formou a 23 persoas e que se estenderon ao longo de 42 horas.
Asemade, 29 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuítas instalacións e todas as iniciativas que esta oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 340 ocasións.
En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar neste concello da Guarda en xaneiro de 2007, foron xa 458 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 64 obradoiros nos que se formou a 422 participantes.
Os máis impartidos foron “Alfabetización Dixital: Informática e Internet” (en 14 ocasións) e “Solicitude de Cita Médica en Internet” (o mesmo número de veces). “Creación dunha conta de correo electrónico” foi o seguinte na lista. Cabe tamén destacar outros levados a cabo como “Mecanografía”, “Blog, participa en Internet” ou “Manexo do Rato e o Teclado”, que poñen de manifesto a grande diversidade formativa que oferta a Rede.
Para solicitar máis información sobre as actividades da RDSI en A Guarda poden dirixirse ao Centro de Dinamización, sito na rúa Rosalía de Castro, nº 14, chamar ao teléfono 986.611.850 ou mandar un correo electrónico ao enderezo rubencarlos.aguarda@dinamiza.sociedadedainformacion.eu
Contacto:
Rubén Carlos Hermida Garazo – Dinamizador da Sociedade da Información
Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: http://www.redededinamizacion.eu

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: