Adhesión á Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia do alcalde de Tui

O alcalde de Tui, Antonio F. Fernández Rocha e outros membros da corporación municipal asinaron formalmente a súa adhesión persoal á Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia, a cuxo proxecto se sumou días atrás a corporación en pleno do Concello. As firmas tiveron lugar esta mañá no Parador de Turismo de Tui, e foron recolleitas en soporte audiovisual e gráfico co fin de difundilas a través dos medios de comunicación, como apoio á causa.

Fernández Rocha salientou nun breve discurso o traballo realizado polo Grupo Promotor de Tui, representado pola súa coordinadora, Silvia González, e explicou que o Concello de Tui, coa súa adhesión ao proxecto está “achegando o seu granito de area”. O rexedor local asegurou sentirse “convencido de que este traballo dará os seus froitos nun futuro e queremos que a paz chegue a todos os fogares”. Fernández Rocha terminou lembrando a súa disposición a colaborar co proxecto e coas actividades que ao redor da Marcha Mundial vaian xurdindo na cidade raiana, sen esquecer lembrar a importancia de que Portugal súmese tamén á iniciativa. O alcalde compareceu acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Patricia Ricón, a concelleira nacionalista Carmen Verde e outros dous membros do equipo de goberno.
A concelleira do BNG, Carmen Verde, asegurou que para ela era “un orgullo apoiar unha iniciativa coma esta”, e suxeriu a unión de forzas como expresión deste apoio.
O domingo 5 de abril, membros do Grupo Promotor de Tui tiveron ao dispor dun posto na feira de oportunidades organizada por ACITUI, co fin de informar á cidadanía sobre a Marcha Mundial e o seu alcance. Ao longo de toda a xornada, recolleron numerosas adhesións de particulares e asociacións interesadas en participar no proxecto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: