O luns día 11 de abril, coa proxección da 3ª película “El niño con el pijama de rayas”, péchase o Programa Cinensino, Prevención de Drogodependencias 2008-09, dirixido aos alumnos de 1º e 2º ESO da Comarca do Baixo Miño.
A Asociación Érguete Baixo Miño organizou este evento, xunto coa colaboración do Concello de O Rosal e a Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias da Consellería de Sanidade–Sergas.
A proxección do 3º filme deste curso escolar “El niño con el pijama de rayas ” terá lugar no Auditorio Municipal de O Rosal ás 10:00 h. da mañá. Asistirán alumnos/as e mestres de 1º e 2º curso da ESO do I.E.S. A Sangriña de A Guarda e do C.P.I. Manuel Suárez Marquier. En total participan nesta actividade un total de 210 persoas, 201 alumnos/as e 9 mestres da Comarca do Baixo Miño.