Aberta ao público a exposición dos traballos presentados ao concurso de carteis para as Festas de San Telmo 09

cartel-2009A zona Anexa da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle xa a exposición dos 22 traballos presentados ao concurso convocado pola Concellería de Cultura tudense, coa colaboración da Comisión de Festas, para a elección do cartel anunciador das festas patronais de San Telmo 2009.
Abre a mostra o cartel gañador presentado pola deseñadora tudense Silvia Villaverde Miguez no que o xurado valorou “a súa innovación, calidade e adaptación á difusión de Tui e as sús festas”. No conxunto de obras presentadas salienta a súa alta calidade e creatividade que mereceron unha alta valoración por parte do xurado.

Dada a alta participación acadada neste certame que por vez primeira se convocaba por parte do Concello tudense, o concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, avanza xa a intención municipal de continuar no vindeiro ano coa convocatoria deste concurso que promove a difusión e coñecemento das festas patronais da cidade de Tui.
Rodríguez Pérez agradece tamén a todos os concursantes a súa participación, destacando a presenza de xentes de todas das idades (dende nenos e mozos a personas adultas) evidenciando o acerto desta convocatoria e o interese suscitado.
O premio de 500 euros será entregado no decurso do acto solemne de lectura do pregón e coroación das raiñas das festas a celebrar o sábado 11 de abril no Teatro Municipal tudense.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: