A Federación Galega e a Federación Provincial de Comercio entregaron no Rosal 19 certificacións de calidade.

A Federación Galega de Comercio e a Federación Provincial de Comercio de Pontevedra entregaron no municipio do Rosal 19 certificados de calidade subvencionados pola Consellería de Industria e Comercio.
Presidiron o acto, o alcalde do Rosal, Jesús Fernández Portela, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, o Presidente da Federación Provincial de Comercio, Antonio Reguera Repiso, o Presidente da

Asociación de Empresarios do Rosal, José Martínez e o Presidente da Fundación O Rosal, Rafael Vicente Fernández.
Antes da entrega dos diplomas, interviñeron os presidentes da Federación Galega de Comercio e da Federación. Provincial de Comercio, que felicitaron aos comerciantes presentes pola certificación conseguida e ao mesmo tempo animáronlles a seguir traballando para que o comercio do Rosal teña maior protagonismo e modernización que se necesita para prestar un gran servizo ao consumidor.
Pechou o acto o alcalde do Rosal, que agradeceu á F. Galega á F. Provincial de Comercio a súa presenza no municipio ao mesmo tempo que felicitou aos comerciantes polo certificado de calidade que vén a reforzar ao comercio do Rosal.
Os comerciantes que recibiron o certificado de calidade son os seguintes:
Veterinaría do Rosal
Informática Sc@pe
Gema González Cruces
Tienda Paquín
Dixital
Confitería Rogelio
Sara Carrera
Multiprecios Marisa
E & M C.B
Papelería Colores C.B
Perfumería Pili Damas
Confecciones Mari
Ferretería Bazar Calvario
Alen do Miño
Cómplices C.B
Electricidad O Rosal
Euromanía
Floristería Agualuz
Sacha

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: