O filólogo arxentino Higino Martins presentou en Oia o seu libro ‘As tribus galaicas’

O lingüista, filólogo e investigador arxentino da cultura celta Higino Marins presentou este 15 de decembro no concello baixomiñota de Oia o seu libro ‘As tribus galaicas’. O autor é de orixe galega, xa que os seus pais naceron neste mesmo concello, onde aínda vive a maioría dos seus familiares directos.

Oia é unha das localidades escollidas polo estudoso, xunto con Santiago de Compostela e Porto, para presentar este libro. Esta obra é froito de varios anos de estudo sobre as orixes celtas da toponimia de Galicia e recolle ademais os cursos de proto-historia galega impartidos por Martins.

Higino Martins é un dos maiores especialistas de todo o mundo en toponimia e linguas celtas, ademais dun dos maiores animadores da lingua e cultura galegas na Arxentina.

Foi discípulo de Eduardo Blanco Amor no Instituto Argentino de Cultura Galega, onde actualmente exerce como profesor de lingua e literatura galegas. Foi secretario xeral do Banco de Español del Río de Plata e dispón dunha ampla obra de investigación e de traducción de diversas obras litararias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: