O BNG presenta mocións nos concellos do Baixo Miño de condena do ataque israelí a Gaza

Nos últimos días o exército de Israel ten bombardeado e invadida a franxa de Gaza, en Palestina, provocando centos de vítimas, maioritariamente nenos, nenas e mulleres, sen contar os centos de feridos e feridas de carácter grave.

Este ataque é un crime de guerra que aparece como colofón de máis dun ano de bloqueo do Estado de Israel contra o pobo de Gaza, que xa provocara unha grave crise humanitaria, e as súas vítimas súmanse aos máis de 5.000 palestinos mortos desde setembro do ano 2000, en que empezou a rebelión contra o Estado israelí na coñecida como Segunda Intifada, e onde tamén morreron máis de 900 nenos e nenas.

O BNG quere facer un chamamento a que se deteña inmediatamente a agresión contra Gaza rexeitando os bombardeos e invasión levados a cabo polo exército de Israel, que evidencian o colofón da blocaxe perpetrada polo Estado israelí contra o pobo de Gaza, en Palestina, constituíndo un crime de guerra.

Para elo a formación nacionalista iniciou unha campaña presentando mocións nos diferentes concellos da comarca nas que se solicita a paralización da invasión nos territorios de Gaza, así como os bombardeos que está a facer por terra, mar e aire por parte do exército israelí, instando ao Estado español a que suspenda as relacións diplomáticas e económicas co Estado de Israel até que non se poña fin á agresión militar, invasión e blocaxe que está a perpetrar na franxa de Gaza, en Palestina. Así mesmo, que o Estado español inste oficialmente ao cumprimento das reiteradas resolucións da ONU relativas á retirada do Estado de Israel dos territorios ocupados; ao tempo que se demanda, no marco das Nacións Unidas, o envío inmediato dunha misión de observación e interposición co fin de garantir a fin da blocaxe e da agresión militar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: