A Guarda acolle a mostra “Cambio Climático: o noso mundo, o noso futuro, a nosa

:: Poderá visitarse ata o 16 de xaneiro ::

O pasado día 9 a concellería de Medio Ambiente da Guarda inaugurou a mostra   “Cambio Climático: o noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”  que estará aberta ao público ata o 16 de xaneiro na Sala de Exposicións do Centro Cultural.

 A exposición, que está  baseada no proxecto CLARITY Acción Educativa por el Clima, pretende dar a coñecer o problema ambiental do cambio climático e as causas e consecuencias que ten para o mundo e para Galicia. Pretende tamén estimular a participación dos visitantes propoñendo actuacións máis positivas e comprometidas que fomenten un desenvolvemento máis equilibrado social e ambientalmente.

 Estanse organizando tamén visitas guiadas para os alumnos do segundo ciclo da ESO e Bacharelato dos diferentes centros educativos do municipio.

 O Concello da Guarda pretende con esta exposición, fomentar un comportamento máis acorde e respectuoso co noso medio natural a través do coñecemento do fenómeno do cambio climático.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: