A Rede de Dinamización da Guarda puxo en marcha 44 obradoiros ao longo do ano 2008, no que

A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

O Concello de A Guarda, en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información informa dos seu datos globais no 2008.

Neste ano, a Rede puxo en marcha 44 obradoiros ao longo de 326 horas, contando con 295 usuarios/as. Destes usuarios/as o 72% foron mulleres, cunha franxa de idade maioritaria situada entre os 45 e os 54 anos. Estes obradoiros foron impartidos polo dinamizador da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, e na súa maioría estiveron destinados a proporcionar un achegamento básico ás Novas Tecnoloxías a través da alfabetización dixital. Así mesmo, o número total de usuarios/as rexistrados na aula foron 343 e usos da mesma de 2063, sendo os usos por motivos profesionais os máis abundantes, cunha porcentaxe do 54%.

O Centro da Rede de Dinamización da Sociedade da Información da Guarda está aberto á disposición da poboación para permitir o acceso libre e gratuíto a todo o seu equipamento, así como tamén é libre e gratuíta a participación en todas as actividades de formación e obradoiros que na aula se programen e desenvolvan.

Para inscribirse ou obter máis información pódense dirixir ao teléfono 986.661.850 ou ben no Centro Cultural, situado en Rúa Rosalia de Castro 14, en horario de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: