A Xunta contempla 100.000 euros para a redacción do proxecto de multiusos

:: Será nunha parcela rotacional que hai na urbanización do Castelo de Santa Cruz e que é froito dunha concesión de dita urbanización ::

Os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2009 contemplan unha partida de 100.000 euros para a redacción do proxecto de multiusos na Guarda, dotación que se lle solicitara ao Presidente da Xunta cando visitou oficialmente este Concello a primeiros de ano.

Daquela, o Presidente afirmou que impulsaría os proxectos que este pobo precisara. Posteriormente, na visita da Conselleira de Política Territorial empezou a concretarse esta iniciativa co encargo, por parte da Delegación Provincial, dun anteproxecto que definira as liñas mestras da instalación pretendida, traballo que está a levarse a cabo nestes intres. Agora dáse un paso máis dotando presupostariamente á redacción do proxecto.

Está decidida tamén a localización do mesmo. Será nunha parcela rotacional que hai na urbanización do Castelo de Santa Cruz e que é froito dunha concesión de dita urbanización. Ten algo máis de sete mil metros cadrados e está situada entre o castelo e a rúa Doantes de Sangue, mirando ao mar. O técnico redactor do anteproxecto traballa en contacto con Patrimonio na procura dun edificio que por estética e volume harmonice perfectamente co entorno e que estaría situado na parte máis baixa da parcela.
Dende o goberno municipal mostraron a súa satisfación, que é a de moitos guardeses e guardesas que, cada vez que hai un acto dunha certa magnitude no Centro Cultural, manifestan o que todos sabemos, que é insuficiente por pouco aforo e por ter un escenario pequeno. A actividade cultural guardesa, as asociacións, merecen unha infraestrutura axeitada ás súas necesidades que non tardarán en ter.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: