Érguete Baixo Miño abre o prazo de inscrición para participar no programa Escola para Familias

A Asociación Erguete Baixo Miño de Prevención, Educación e Promoción da Saúde, abre, un ano máis, o prazo de inscrición para participar no programa “Escola para Familias” que se leva a cabo nos centros educativos da A Guarda, O Rosal, Tomiño e Oia.

Este Programa está dirixido a todos aqueles pais e nais que teñan fillos cursando estudos de Infantil, Primaria ou ESO, e nel se pretende:

·Sensibilizar aos pais e nais acerca das necesidades dos seus fillos e fillas.

·Construír un espazo de reflexión para pais e nais sobre situacións cotiás e sobre criterios básicos de funcionamento do grupo familiar.

·Analizar os tipos de familia que podemos atopar e as diferentes etapas que recorre a familia no seu ciclo vital.

·Favorecer a comunicación no grupo familiar e no entorno comunitario facilitando a creación de redes sociais.

·Dotar aos pais e ás nais de ferramentas que posibiliten un crecemento integral dos seus fillos e fillas e do grupo familiar.

·Formar e informar ás familias sobre temas de actualidade.

·Axudar a detectar o antes posible as problemáticas que poidan xurdir na familia.

 A primeira sesión terá lugar o mércores 26 de novembro ás 20:00 horas no IES A Sangriña, e para participar só tes que chamarnos antes desa data ao teléfono 986 61 44 07, enviarnos un correo electrónico a info@erguete.org  ou achegarse ata o noso local Social.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: