“As vítimas, os nomes, as voces e os lugares” preséntase este xoves en Tui

O Proxecto de Investigación Interuniversitario “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares” dirixido polo I.P. Lourenzo Fernández Prieto, participará nas “Xornadas de Recuperación da Memoria Histórica organizadas pola Asociación “Levada Libre” e que se celebrarán os días 29 e 30 de outubro en Tui.

A participación do Proxecto consistirá nunha presentación do traballo realizado nos últimos dous anos polo equipo de investigación, o xoves día 30 de outubro ás 19.15 h no Museo Municipal, próximo a San Domingos, na que intervirán os membros do equipo: Gustavo Hervella García e Antonio Somoza Cayado, investigadores contratados do Proxecto.

A conferencia, que leva por título “Proxecto de Investigación Interuniversitario “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares””, abordará o estudo da guerra civil e da represión franquista, poñendo á disposición da cidadanía de Tui, información que arroxe luz sobre esta etapa da historia de Galicia e, así mesmo, acollerá o debate e a posibilidade de futuros contactos con persoas susceptibles de ser entrevistadas para incrementar dese xeito, o importante fondo oral que o proxecto ten configurado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: