Política Territorial licita por 53 millóns de euros o treito Goián-A Guarda da vía de alta capacidade Tui-A Guarda

:: Nas vindeiras semanas licitarase tamén o treito Tui-Tomiño unha vez que se remate a modificación do proxecto necesaria para que a infraestrutura sexa unha autovía dende o primeiro momento entre Tui e a ponte internacional de Goián ::

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes ven de licitar, como se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, as obras do treito Goián-A Guarda da Vía de Alta Capacidade Tui-A Guarda. A construción deste treito sae a concurso cun orzamento de 53,2 millóns de euros e un prazo inicial de execución de 28 meses.

O treito Goián-A Guarda é o primeiro que se licita de toda a nova infraestrutura viaria do Baixo Miño, que será xa dende a súa construción unha autovía nos seus dous primeiros treitos (Tui-Tomiño e Tomiño-Goián). Isto é, haberá unha autovía dende Tui ata a ponte internacional de Goián. O primeiro deses treitos, Tui-Tomiño, sairá tamén a concurso nas vindeiras semanas unha vez se remate a modificación do proxecto necesaria para que sexa unha autovía dende o principio. En total, a Consellería de Política Territorial investirá en toda a infraestrutura do Baixo Miño un importe estimado duns 190 millóns de euros.

En concreto, o treito hoxe licitado entre Goián e A Guarda ten unha lonxitude total de 10 quilómetros e discorre polos concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda. Disporá de dous carrís, un en cada sentido, de 3,5 metros de ancho e dúas beiravías de 2,5 metros. No seu percorrido contará con 7 pasos superiores e 4 pasos inferiores, así como cun viaduto sobre o río Tamuxe e cun falso túnel no Rosal. Ademais, o proxecto elaborado pola CPTOPT mellora a conexión entre a vía de alta capacidade e a ponte internacional de Goián que cruza o río Miño ata Vila Nova de Cerveira.

A futura Vía de Alta Capacidade de nova construción Tui-A Guarda mellorará a mobilidade e seguridade viaria do Baixo Miño, facilitando as conexións dos concellos da Guarda, O Rosal e Tomiño con Tui e, dende alí, a través da A-55, con Vigo e o resto da rede viaria galega. Este corredor suporá un importante avance nos tempos de conexión e na seguridade viaria fronte á vella estrada PO-552, que ten que atravesar numerosas travesías urbanas. Ademais, a nova infraestrutura incluirá tamén a construción da Variante da Guarda, non prevista polo anterior goberno autonómico e que desviará os tráficos do centro da vila.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: