O BNG consegue 1,5 millóns para o saneamento de Tomiño no Congreso

:: A alcaldesa do municipio considera que esta axuda ratifica o compromiso do goberno local cos veciños ::

O goberno municipal de Tomiño ven de recibir con grande satisfacción a confirmación que dos 125 millóns de euros conseguidos polo Grupo Parlamentario do BNG nas negociacións co Goberno do Estado, Tomiño recibirá unha partida de 1,5 millóns de euros dentro do Plan Nacional de Calidade de Augas, que se adicarán ao saneamento do municipio.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González foi a encargada de transmitir esta necesidade aos deputados nacionalistas que finalmente se traduciron nunha enmenda aos orzamentos do estado. Tras coñecer a confirmación valorou de forma moi positiva estes investimentos conseguidos polo BNG no Congreso, xa que, segundo a rexedora, veñen a ratificar o compromiso dos nacionalistas co concello de Tomiño.

Sandra González expresou a súa satisfacción polos recursos económicos conseguidos polos deputados nacionalistas para o concello tomiñés pois o governo local considera prioritario, completar o escaso saneamento das 15 parroquias tomiñesas. “Esta axuda supón un empuxe definitivo no compromiso adquirido polo governo local para sacar adiante un servizo tan importante como é o saneamento do noso municipio.”

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: