Comezan as obras de humanización da praza da Mina e o seu entorno

:: O plan de traballo concensuado con comerciantes e veciñanza intentará perturbar o menos posible o habitual funcionamento da zona ::

As obras de humanización da Praza da Mina de Tomiño e do seu entorno (rúas O Rosal e Bos Aires), comezaron o pasado 27 de outubro, tal como estaba previsto. a intervención é levada a cabo por Unión Temporal de Empresas (UTE), formada polas compañías Hidroestructuras, Hidromiño e Demaín.

O concelleiro de Urbanismo, Uxío Benítez, informou que o Concello mantivo varias reunións coa Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería, Industria e de Centros Comerciais Abertos de Tomiño (ADETO) e cunha Comisión de Seguimento da obra constituída ao efecto e formada por veciños e comerciantes afectados, con fin de chegar a un consenso que permita realizar os traballos de xeito que afecten o menos posible ao funcionamento habitual da zona.

Nesta liña, acordouse facer un parón entre o 15 de decembro e o 7 de xaneiro por mor do Nadal, co obxecto de non perturbar a actividade comercial deses días.

O proxecto ten un cun custe superior aos 770.000 euros, dos que a Consellería de Vivenda e Solo aporta un 80%, quedando o 20% restante a cargo do Concello.

As accións consistirán na creación dunha zona peatonal de máis de 1.300 metros cadrados, adoquinada e acondicionada con novo mobiliario urbano, na que se instalarán bancos de madeira, luminarias adaptadas para o aforro enerxético e distintas árbores. Tamén se creará un novo parque infantil e se substituirán os actuais firmes e pavimentos, con dotación de novas beirarrúas e canalizacións de auga e cableado de subministro eléctrico, alumeado público, telecomunicacións e gas.
Pero, a humanización da praza vai máis alá dunha actuación urbanística, xa que ten unha importante compoñente artística.  Proba disto é que no deseño da intervención participara o escultor Xuxo Vázquez, creador dunha obra que formará parte da nova praza. O artista é responsable, tamén, do debuxo en releve e da cor da pavimentación, que representan furcos de auga.

2 Responses to Comezan as obras de humanización da praza da Mina e o seu entorno

  1. laura di:

    non gosto diso
    se gastaran o diñeiro noutras cousas……..

  2. raquel di:

    non gosto diso
    se gastaran o diñeiro noutras cousas……..

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: