Conferencia sobre o Sahara o xoves 17 en Tomiño

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), organiza unha conferencia sobre distintos aspectos da problemática saharauí e a acollida por parte de familias españolas, que terá lugar no IES de Tomiño, o vindeiro día 17 de abril de 2008, ás 11:00 horas.

No acto estarán presentes  o delegado saharauí en Galicia, Mohamedu Elhiba, e a presidenta  da comisión Sogaps “Vacacións en Paz en Galicia”, Maite Isla Avión.

Na conferencia participará, tamén, a médica da comisión da SOGAPS, Pilar Martínez González, recentemente chegada do Sáhara -experiencia que relatará a todos os asistentes-  e a delegada do Baixo Miño, Mela Míguez Millán.

A finalidade da actividade é promover a acollida e sensibilizar á poboación tomiñesa respecto da problemática do Sáhara, co propósito de facilitar aos saharauís unha boa asistencia médica e alimentación, axudar a perfeccionar  a aprendizaxe en castelán e galego, reforzar os seus programas escolares, e darlles, en definitiva, unha alternativa que lles poñan en contacto con outra realidade. A conferencia, aínda que está dirixida especialmente á poboación estudiantil, estará aberta tamén a calquera persoa que queira participar.
A delegada do Baixo Miño salientou que segue aberto o prazo de acollida  de nenos e nenas e animou ás familias a continuar acollendo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: