Este sábado celébrase I Encontro Cultural promovido pola Federación de asociacións Terra do Miño

Coa colaboración da Concellería de Participación Veciñal do Concello de Tomiño, celebrarase o vindeiro sábado 19 de abril, o I Encontro Cultural organizado pola Federación de Asociacións de Veciños “Terra Miño”.

Os actos terán lugar na Casa da Cultura tomiñesa a partir das 11 da mañá, coa inauguración do encontro.
Realizarase unha exposición dos traballos de manualidades, bolillos, mantelería e cestería de alumnos/as dos cursos organizados polas asociacións “O Árbol”, de Vilachán, e “Os Medos”, de Currás.

A partir das sete da tarde, levaranse a cabo as actuacións musicais previstas, coa participación das seguintes agrupacións: Grupo de gaitas de Sobrada; Baile Galego y Gaitas de Pinzas; Coro de Currás; Pandereteiras de Sobrada, e Baile Latino de Pinzas.

Á finalización das actuacións, ofrecerase un viño da terra para todos os asistentes.

A Federación de Asociacións “Terra Miño” xurdiu hai pouco máis dun ano coa finalidade de aglutinar as distintas asociacións veciñais e culturais do concello, co fin de optimizar o traballo de cada unha delas, e mediar nos problemas que do seu funcionamento puideran derivarse. Segundo explicou o presidente da federación, Modesto Rouco Fonseca, é importante que as asociacións teñan  un marco de apoio que lles permita medrar e xestionar mellor as súas funcións.

O concelleiro de Cultura, Educación e Participación Veciñal, Jesús Castiñeira, pola súa parte, salientou a importancia que está a acadar o movemento asociativo veciñal en Tomiño, reflectido na actividade desenrolada po esta Federación e as Asociacións que a integran, colaborando activamente na dinamización social e cultural das parroquias, as que felicita pola súa extraordinaria labor e brinda novamente o apoio dende a concellería.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: