Este sábado 12 de abril, ás 5 e media da tarde en primeira convocatoria e as 6 da tarde en segunda convocatoria terá lugar a Asemblea anual de socios da Asociación San Xerome Emiliani. A reunión celebrarase no ximnasio do Centro, situado no edificio dos talleres; polo tanto a entrada e aparcamento será polo portal dos talleres situado na rúa Ramón Sobrino (enfrente ó Mesón “O Enxebre”). A porta principal (rúa Galicia, 23), estará pechada.
A orde do día da Asamblea será a seguinte:
1- Lectura e aprobación, se procede, da Acta anterior.
2- Lectura e aprobación, se procede, do Estado de contas.
3- Renovación da Xunta Directiva.
4- Rogos e preguntas.