Está aberto o praza de inscrición para o obradoiro de introducción ao teatro e á dramatización que se celebrará o día 18 dende ás 16.30 ás 20.30 e o día 19 dende ás 10 ata ás 13.30 e dende ás 16.30 ás 19.30. Os interesados deberán inscribirse canto antes porque as prazas son limitadas.
Ademais o 26 de abril realizarase unha xornada de rafting que sairá ás 10h da parada de autobuses.
Finalmente os sábadoso dende o día 3 ao 24 de maio celebraranse cursos de orientación e supervivencia. Como remate noite nun albergue e velada nocturna.
Para inscricións e información sobre todas estas actividades poden pasar pola OMIX do Concello da Guarda ou ben chamar ó 986.61.45.46