A finalización das obras do centro de saúde de Tomiño está prevista para este verán, segundo anunciou no Parlamento o secretario xeral do Servizo Galego de Saúde

:: Cayetano Rodríguez Escudero tamén asegurou que as modificacións realizadas no proxecto permitirán ampliar os servizos e mellorar a atención sanitaria ::

O secretario xeral do Servizo Galego de Saúde, Cayetano Rodríguez Escudero, anunciou na Comisión 5ª do Parlamento de Galicia que “a data estimada de finalización das obras do centro de saúde de Tomiño se prevé para a primeira quincena de xullo”. Rodríguez Escudero especificou que “unha vez que o proxecto modificado estea supervisado favorablemente, procederase á aprobación económica, formalización do mesmo e ao remate das obras”.

As obras do centro de saúde de Tomiño contan cun presuposto de adxudicación de 1.511.600,48 euros, e a aprobación da modificación do proxecto inicial, supuxo un incremento no orzamento de 300.000 euros.

Cayetano Rodríguez Escudero asegurou que esta modificación permitiu “cambios do proxecto necesarios para a posta en funcionamento do centro” e que suporá ampliar as prestacións. Precisamente, as modificacións realizadas enmárcanse na aplicación para o centro de saúde de Tomiño do Plan de Mellora de Atención Primaria que establece aumentos nos servizos, o que redunda nunha mellora da atención sanitaria para todos os usuarios e as usuarias.

O novo centro de saúde de Tomiño en función das novas modificacións disporá dun área asistencial con seis consultas de medicina xeral e seis de enfermaría. Nas súas dependencias tamén se instalará unha consulta de matrona e unha sala de educación maternal, outra consulta para asistencia social, unha sala de cirurxía menor, e unha sala de toma de mostras.

Ademais contará cunha área específica para Pediatría que disporá dun total de catro consultas dúas para profesionais da pediatría e outras tantas de Enfermería.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: