Suárez Canal destacou o compromiso dos productores do Baixo Miño co desenvolvemento económico da comarca

:: Xornadas técnicas, exposicións e concursos florais complementaron a feira celebrada durante a fin de semana ::

Máis dunha trintena de empresas relacionadas co sector do agro e a hortofloricultura, déronse cita esta fin de semana no Pavillón de Deportes de Goián, na V Mostra de Cultivos do Baixo Miño, organizada por Productores do Baixo Miño e Concello de Tomiño, a través da Concellería de Promoción Económica e Xuventude, coa colaboración da Consellería de Medio Rural.

A mostra, na que participan os máis importantes productores da comarca de plantas ornamentais de viveiro, flor cortada, kiwi e outros productos do campo, así como das súas industrias auxiliares, foi inaugurada polo conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, acompañado polo delegado provincial, Gonzalo Constenla, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da mostra, Juan Peixoto Moure.
Ao acto asistiron tamén, outros membros do goberno municipal, concelleiros da oposición, e alcaldes e representantes dos concellos da comarca, así como mandatarios portugueses e público en xeral.

O titular da Consellería de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, salientou o compromiso do sector da hortofloricultura do Baixo Miño de sacar o máximo rendemento dos seus recursos. En este sentido, lembrou o apoio da Administración a través do Banco de Terras de Galicia (BANTEGAL), que permitirá recuperar terreos para uso agrícola. En esta mesma liña, referiuse aos contratos de explotación sustentable, destinados a fomentar o emprego no rural e aumentar a capacidade produtiva do campo. O mandatario adiantou, ademais, que se porá en marcha a creación dunha marca de calidade que identifique a horta galega, e faga posible darlle un valor engadido. Por último, o conselleiro, animou a todos os expositores a seguir traballando como ata agora, sinalando a importancia de incrementar a formación e a investigación co fin de incrementar aínda máis a calidade dos produtos que ofrecen.

A alcaldesa de Tomiño, pola súa parte, explicou que a mostra, xa consolidada, xurdiu dun grupo de produtores que de xeito dinamizador e innovador quixeron crear un escaparate de unha das actividades económicas máis puxantes da comarca. A rexedora referiuse tamén a intención do goberno de apoiar e fomentar aos produtores con fin de facer do campo un sector moderno e dinámico. Así mesmo, destacou o traballo das mulleres nos viveiros da zona, cualificando a exposición fotográfica organizada polo Departamento de Igualdade, como un recoñecemento a ese traballo e un pequeno intento por facer visible a contribución das mulleres no desenvolvemento económico do municipio.

O presidente da comisión organizadora, Juan Peixoto, pola súa banda, aportou datos sobre a evolución económica do sector na comarca, cuns 12 millóns de euros de produción anual, e exportación a moitos países europeos e do mundo, entre os que destacan Portugal, Francia, Inglaterra, Italia, Bélxica, Holanda, Alemaña e Suíza, entre outros.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: