A concellería de Turismo da Guarda amosa a súa satisfacción polo paso dado cara á consecución da declaración da Festa do Monte como festa de interese turístico. A solicitude e o proxecto que se presentaron diante da Xunta o 19 de xuño do 2008 é froito do traballo entre á Comisión da Festa do Monte, comisión que leva traballando dende o 2000 pola celebración e realce destas festas, e a concellería de Turismo. A Festa do Monte resume as inquedanzas e o sentir do pobo guardés dende a súa orixe no 1913. Así na segunda semana de agosto a nosa vila énchese de actos culturais, deportivos, de festa e de encontro entre veciños, familiares e amigos converténdose nunha semana chea de ledicia e de disfrute colectivo. Tralo informe positivo da Consellería de Innovación e Industria unicamente falta que a solicitude sexa remitida ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva.
Queremos dende o grupo de goberno das as gracias a todos aqueles homes e mulleres que integraron as distintas comisións. Sen o seu esforzo e o da cidadanía guardesa non sería posible acadar agora a distinción de festa de interés turístico.