Tomiño continúa a incrementar a súa poboación

aerea

 :: O INE publica erroneamente no seu “Nomenclátor 2008” a existencia no municipio de 18 pobos abandonados ::

O concello de Tomiño aumentou a súa poboación en 2.685 persoas nos últimos dez anos. Segundo os datos do Padrón Municipal, o municipio suma na actualidade (a data 31 de decembro de 2008) un total de 13.469 habitantes, dos cales 6783 son homes e 6686 mulleres.

Destes totais, os tramos de idade máis numerosos son os que van dos 35 aos 39 anos (1224); 30 a 34 (1181) e 40 a 44 (1092), sumando os tramos comprendidos entre 0 e 14 anos 1883 persoas. Tamén os estranxeiros contribuíron a aumentar a poboación de forma considerable. Na actualidade o número de inmigrantes residentes no municipio rolda os mil, mentres que no 2001 só eran 180. En canto ás parroquias, as que rexistraron un maior crecemento demográfico nos últimos anos son as de: Currás (con 368 habitantes, aumentou un 47 % nos últimos 8 anos); Amorín (con 1205, aumentou un 40%); Tomiño (con 3678, aumentou un 34%); Goián (con 2013, aumentou un 22%) e Sobrada (con 953, aumentou un 19%). Estes aumentos prodúcense en parroquias que xa contaban con núcleos consolidados, como Goián ou Tomiño, e tamén en parroquias de zonas baixas próximas a Tui e ás principais vías de comunicación con O Porriño e Vigo. É o caso de Amorín, Currás e Sobrada. O resto de parroquias, sen núcleos urbanos importantes, teñen a súa poboación dispersa en zonas máis afastadas do río Miño.

Tendo en conta que o crecemento demográfico de Galicia atópase fortemente concentrado nas comarcas costeiras, o caso de Tomiño é relativamente excepcional. No municipio baixomiñoto o cambio na tendencia se observa sobre todo a partir dos anos 90, incorporándose ás localidades que presentan maior crecemento de poboación.

 

As causas dese cambio de tendencia pódense encontrar en fenómenos como a periurbanización, mellora das comunicacións, prezos do solo e expansión das áreas de actividade do contorno de Vigo.

 

Datos erróneos

O Instituto Nacional de Estadística (INE) inclúe no seu Nomenclátor do 2008, dezaoito pobos supostamente abandonados no municipio de Tomiño; tema que foi obxecto de información en varios xornais.

Despois de consultar estes datos no devandito Nomenclátor 2008, comprobouse que os mesmos son totalmente erróneos, pois aparecen pobos repetidos; nun caso, cos habitantes reais, e noutro, con 0 habitantes, como se se tratara de pobos diferentes.

Este erro foi comunicado ao INE para que proceda á súa revisión e emenda, así como aos xornais que publicaron a noticia.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: