I Certame de micro-relatos de A Guarda

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda e a Rede de Dinamización da Sociedade da Información do Concello da Guarda, convocan o I CERTAME DE MICRO-RELATOS

 Con este Certame preténdese promover o uso das novas tecnoloxías aplicadas á lectura.

BASES
1. A Biblioteca Pública Municipal da Guarda e a Rede de Dinamización da Sociedade de Información do Concello da Guarda, convocan o I CERTAME DE MICRO-RELATOS co fin de promover as novas tecnoloxías aplicadas á lectura.

2. Poderán participar persoas maiores de 18 anos en diante sempre que o relato estea escrito en galego, sexa inédito e non presentado noutros certames.

3. O tema será libre, cunha extensión máxima de 8 liñas escritas en fonte Times New Roman 12.

4. A presentación das obras realizarase do modo seguinte: se remitirán ó enderezo electrónico microrelatosaguarda@gmail.com xunto cos datos persoais do autor/a (nome, apelidos, enderezo, teléfono de contacto, enderezo de correo electrónico.

5. O prazo de presentación remata o dia 24 de xullo de 2008 ás 10 da mañá. Non se admitirán ás obras remitidas fora de prazo.

6. Haberá dous premios, un outorgado polos internautas, que votarán a partires do dia 25 de xullo de 2008 no modo que se indicará no seu momento no blogue creado para este certame; outro premio será outorgado por un Xurado formado por persoas relacionadas coas letras. O Xurado poderá conceder un accésit.

7. Os premios poderán ser declarados desertos.

8. O fallo do Xurado se dará a coñecer a partires do día 30 de xullo de 2008.

9. O fallo de ámbolos dous premios será inapelable.

10. Tódalas obras presentadas quedan en poder dos organizadores, podendo publicalas no xeito que consideren conveniente, figurando sempre o nome do autor/a.

11. Os traballos presentados quedarán publicados no blogue www.conpoucaspalabras.blogspot.com

12. O premio consistirá na entrega dun pen drive USB, lote de libros en lingua galega e diploma.

13. A participación neste Certame significa a aceptación total das bases.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: