Centos de nenos dos diferentes colexios da dioceses que, en excursión de fin de curso, téñense acercado a Tui para visitar a catedral e teñen quedado coas ganas de facelo, soamente a puideron ollar pola parte de fora, ao esixirlle pola parte dos administradores da mesma o pago por entrar nela.
Temos escoitado que soamente teñen dereito a entrar nela os veciños de Tui sen pagar. Os demais, sexan nenos, maiores ou vellos que non teñan residencia na cidade, teñen que pagar 2 euros se desexan entrar nese recinto sagrado.
Un se pregunta: ¿de qué mente maligna puido saír isto?, ¿É así como a igrexa quere ter adictos?, ¿É esta a relixión que predicou Cristo?, ¿Ata cándo vai durar semellante atrópello?
Por favor, desexariamos que nos deran resposta a estes interrogantes a ver se conseguimos ordenar un pouco as nosas conciencias. Nosa maneira de pensar é que é a casa de Deus, cuxa entrada non debía estar vetada a ninguén, nin aos veciños de Tui, nin aos da diocese porque ela é a súa igrexa nai, e aínda aos cidadáns de todo o mundo que saben que entran nunha igrexa católica.
E agora, unha derradeira pregunta: e estes rapaces cando sexan homes ¿entrarán nunha igrexa na que lles foi prohibida a entrada nos seus anos de xuventude?