“Palabra na solaina” achega a literatura de Xosé Mª Álvarez Blázquez aos visitantes das casas rurais e hoteis do Baixo Miño

As persoas que se hospeden nas casas rurais e hoteis do Baixo Miño terán acceso a unha escolma de libros de Xosé María Álvarez Blázquez, natural da cidade tudense, un dos autores máis notables da nosa literatura e ao que este ano se lle dedica o Día das Letras. “Palabra na solaina”, organizado pola Consellería de Cultura e Deporte, distribuirá libros deste autor nos establecementos turísticos, dándolle continuidade a un programa que se desenvolve desde o 2006 e no que se poñen ao alcance dos visitantes a obra de autores ligados intimamente a cada zona xeográfica na que se implanta.

A delegada provincial da Consellaría, María Xesús López Escudeiro, presentou hoxe no Hotel Colón de Tui esta iniciativa, acompañada do alcalde tudense, Antonio Fernández Rocha, e dos responsables de varios dos establecementos participantes. Serán en total 24 casas rurais e hoteis do municipio os que participan neste programa. Obras de Álvarez Blázquez estarán dispoñibles nos salóns e áreas para o lecer e a lectura coas que contan os establecementos, e ademais un dos libros estará en cada unha das habitacións. Serán establecementos de Tui, O Rosal, Tomiño, A Guarda, e Oia.

“Palabra na Solaina” pretende dar a coñecer Galiza e a cultura galega utilizando as casas de turismo rural e os hoteis. Deste xeito, a xente que se hospeda nestes establecementos tamén contará con máis información sobre o noso país, e poderá coñecer a un autor moi ligado á zona na que se atopa. Este programa comezou en abril de 2006 en Sarria con Fiz Vergara Vilariño, e pasou xa por varias localidades galegas, como Mondoñedo (Álvaro Cunqueiro), Noia (Antón Avilés de Taramancos), Celanova (Celso Emilio Ferreiro), Ribadeo (Luz Pozo Garza), Viveiro (Lois Tobío) e o Morrazo (Bernardino Graña).

O programa está incluído no Plan de Fomento da Lectura. O obxectivo é levar o libro e a lectura fóra dos seus espazos máis habituais, para achegalo aos seus potenciais lectores. Nesta mesma liña, ademais de “Palabra na solaina”, xa se desenvolveron outros programas como “Pan con poesía”, con textos poéticos nas bolsas das panaderías, e “Lendo espero”, con puntos de lectura nas salas de espera de Pedagoxía dos centros de saúde

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: