A Guarda inaugura esta fin de semana a I Ruta do Pincho

Volvorán, A Guliña, Delicia Galega, Montoia ou Suspiro Guardés, son algúns dos suxerentes nomes dos non menos suxerentes pinchos que durante as fins de semana nos podemos atopar na Guarda. Gulas, salmón, gambas, atún, queixo, cogumelos, tortilla de patacas, hai para todos os gustos e coa presencia máis elaborada.

16 locais do municipio participan nesta iniciativa de Ábaco, a Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios. Trátase da I Ruta do Pincho da Guarda, uns aperitivos moi suculentos que poderemos degustar dende o 9 de maio ata o 1 de xuño os venres en horario de noite, os sábados en horario de mañá e tarde e os domingos pola mañá.

Trátanse de verdadeiras creacións gastronómicas en formato de pincho que os locais servirán de forma totalmente gratuíta coa consumición. Estes locais son  Volován, Mira o Miño, Anabel, O Meigallo, Aveinda, Y la luna?, Art café, Veite vindo, Bodegón Porto Guardés, Casa Chupa Ovos, O Mariñeiro, Gaviota, Arruaz, O Novo Portiño, O Catre e Bar Bergantín.

“O futuro deste sector está na colación e promoción conxunta”, explicaba esta mañá Monserrat Magallanes, concelleira de Cultura durante a presentación da ruta á que tamén asistiu o alcalde da Guarda. “Esta equipa de goberno ten un compromiso firme co turismo e cooperará en todo o que teña que ver con buscar un turismo de calidade”, continuaba, ao tempo que apuntaba a necesidade da colaboración entre o sector privado e público para acadar este turismo de calidade. Con esta iniciativa preténdese, ademais de reactivar o sector, que guardeses e turistas descubran as delicias da terra.

Nesta mesma liña o presidente de Ábaco, José Ángel Gándara agarda o éxito desta iniciativa e anunciaba que o pincho gañador, que será elixido polo público, participará na XI Ruta do Pincho de Bilbao. Premios para os restauradores pero tamén para os comensais que, amais de pincho gratis poderán acadar unha fin de semana nunha casa rural ou unha visita as Adegas As Laxas, colaboradoras tamén do evento ao igual que Caixa Nova e o Concello. Poderán acadar tamén máis de 400 euros en vales consumición.

Pachi Rodríguez, do Café Bar Bergantín califica a iniciativa como “marabillosa”. Aínda que eles soen poñer pincho no seu establecementos, esta vez sairanse do tradicional cun montadito de Atún. Trátase dun dos bocadillos con máis éxito do seu establecemento que veñen de trasladar a pincho. A mesma impresión ten Lara Vicente, da Xamoneiría Avenida, un local onde levan poñendo pinchos xa algún tempo, “porque os clientes o agradecen”. Para esta ocasión o seu pai, dono do local, creou un pincho especial, con queixo, tomate, anchoa e aceite de abequina, o Montoia.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: