Venres gastronómicos na Guarda

A Presidenta da Asociación de Empresarios de A Guarda – ACIGU CCA, Carmen Mª García Braga, presentou hoxe un proxecto de apoio á hostelería e restauración e ó pequeno comercio guardés, cuxo obxectivo é a promoción hostaleira e comercial dos establecementos integrados en ACIGU CCA.

ACIGU, neste proxecto, presenta, un ano máis, a Campaña dos Venres Gastronómicos cuxas bases son as seguintes:

Consiste en que todas aquelas ceas en parella con un importe igual ou superior aos 40 €, recibirá un cheque – compra por valor de 5 €, que poderán consumir en calquera establecemento asociado, excluíndo o sector da hostelería e da restauración.
Para poder recibir este cheque – compra, os interesados deberán presentar, ao día seguinte (sábado), na sede de ACIGU o ticket de caixa do restaurante onde fixeron a devandita consumición.

As datas que coinciden con estes venres gastronómicos son:
• 30 de maio
• 27 de xuño
• 26 de setembro
• 31 de outubro
• 28 de novembro

Este proxecto, totalmente gratuíto para os asociados, pretende impulsar unha restauración e un comercio local de calidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: