A Biblioteca Pública Municipal da Guarda, que depende da Concellería de Cultura, que dirixe Antonio Lomba Baz; organiza o ciclo “Letras de Cine” co gallo da celebración do Día Internacional do Libro e o Día das Letras Galegas.
Se proxectarán catro películas:
11 de abril: Trece badaladas, dirixida por Xavier Villaverde. Baseada na novela homónima de Suso de Toro.
25 de abril: Sempre Xonxa, dirixida por Chano Piñeiro. Baseada nos relatos das historias da emigración que oíra relatar no seu pobo natal, Forcarei, e nas aldeas de Rubillón e Baíste.
9 de maio: O lapis do carpinteiro, dirixida por Antón Reixa. Baseada na novela homónima de Manuel Rivas.
23 de maio: A lingua das bolboretas, dirixida por José Luís Cuerda. Baseada nos contos “A lingua das bolboretas”, “Carmiña” e “Un saxo na néboa”, contados no libro ¿Que me queres, amor? de Manuel Rivas.
O obxectivo deste ciclo é promocionar o cine e a lectura en galego. As catro películas estarán a disposición de todas as persoas que o desexen na Biblioteca Pública Municipal da Guarda despois da súa proxección.