:: O novo centro de saúde, no que o Goberno galego realiza un investimento dun millón e medio de euros, conta cunha superficie de 1.653 metros cadrados ::
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de Sanidade, Pablo Baquero, manifestan a súa satisfacción pola aprobación, na Consellería de Sanidade, dun proxecto modificado que permitirá facer as últimas melloras previstas no Centro de Saúde de Tomiño, de modo que o edificio entre en funcionamento antes do verán.
O director provincial do Sergas en Pontevedra, Emilio Santiago Nieto, ven de confirmar á alcaldesa, a aprobación do proxecto modificado, o que da luz verde á realización das mencionadas melloras, e posibilita a apertura do novo centro dentro do primeiro semestres do ano.
O concelleiro de Sanidade de Tomiño, asegura que coas melloras aprobadas, o novo centro de saúde se converterá en referente de calidade en Atención Primaria, en toda a comarca.
O portavoz do partido socialista, Santiago Vergara, sumouse ao expresado polo seu compañeiro de goberno, e resalta que antes do verán estaranse prestando servizos dende o novo edificio.
Pola súa banda, a alcaldesa salientou o clima de boa colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello, que ademais de permitir contar co novo centro de saúde á poboación tomiñesa, fará posible ofrecer un novo consultorio en Goián, co dobre de espacio e mellor equipamento.
Características do novo centro de saúde
O novo centro de saúde, no que o Goberno galego realiza un investimento dun millón e medio de euros, conta cunha superficie de 1.653 metros cadrados, catro veces mais grande que o actual. O investimento completase con case 130.000 euros destinados ao equipamento do centro.
No seu programa funcional o novo centro de saúde de Tomiño disporá dun área asistencial con seis consultas de medicina xeral e seis de enfermaría –acadando así un dos obxectivos do Plan de Mellora de Atención Primaria de que exista unha consulta de Enfermería por cada unha de Medicina-.
Nas súas dependencias tamén se instalará unha consulta de matrona e unha sala de educación maternal, outra consulta para asistencia social, e unha sala de toma de mostras. Ademais contará cunha área específica para Pediatría que disporá dun total de catro consultas dúas para profesionais da pediatría e outras tantas de Enfermería.