Tomiño conta cunha oficina de igualdade que ofrece orientación e formación ás mulleres da localidade

tomino_oficina-igualdade.jpg

:: A alcaldesa destacou que é a primeira vez que ás mulleres terán un servicio especialmente concibido para elas ::

Na mañá de hoxe presentouse en rolda de prensa a Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño, que ten como obxectivo promover as condicións dunha igualdade efectiva entre os homes e as mulleres, apoiar a estas últimas na superación das discriminacións que aínda existen, e favorecer a súa participación na vida pública.

A alcaldesa de Tomiño e responsable do Departamento de Igualdade, Sandra González, presentou a nova oficina acompañada pola técnica da área, Marta Gil González, con ampla experiencia en temas de xénero.

A rexedora local salientou o feito de que é a primeira vez que Tomiño conta cunha oficina especialmente concibida para a muller. O servizo xurdiu da inquedanza por ofrecer un espacio ás mulleres de Tomiño onde atopen asesoramento, información e asistencia.

A oficina, que leva en funcionamento xa algúns meses, tratará de incidir tamén na educación, prevención e sensibilización social sobre temas como violencia de xénero, machismo, discriminación, etc.

Sandra González salientou que a presentación da oficina se fixo coincidir nesta data coma homenaxe aos 100 anos do Día da Muller Traballadora. Por outra banda, esperouse a ter unha programación pechada antes de dar a coñecer publicamente o departamento. Nos primeiros meses de funcionamento, se intentou recabar a información necesaria para coñecer as necesidades e preferencias das usuarias e sentar as bases para a súa atención.

Outra liña de traballo é a do fomento do emprego feminino, con apoio ás iniciativas empresariais, asesoramento curricular, e bolsa de emprego para mulleres.

E tan importante como o anterior, a formación, xa que esta é a base da maior parte dos cambios sociais que se pretenden promover.
Dentro deste eido, está previsto organizar diferentes conferencias, xornadas e cursos, itinerarios formativos e de aplicación das novas tecnoloxías.
A día de hoxe están organizadas xa varias actividades e cursos, como as seguintes:

 Graduado da ESO, para o que xa está aberto o prazo de matrícula.
 Informática e aplicacións de novas tecnoloxías. Dentro deste apartado, impartiranse polas parroquias diferentes cursiños de informática básica, internet, deseño gráfico, creacións de páxinas web, idiomas, etc.

 Tamén organizaranse varios obradoiros de autoestima, charlas sobre as novas leis de dependencia, violencia de xénero, etc.

  Así mesmo, están previstas unhas xornadas sobre hábitos saudables e a colaboración nun bo número de actividades organizadas por asociacións ou grupos de mulleres, nos máis diversos temas.

 En abril, coincidindo coa Mostra de Cultivos do Baixo Miño, organizarase unha mostra fotográfica sobre as mulleres que traballan nos viveiros da zona, que son a ampla maioría da man de obra destes establecementos (máis do 90%).

 No mes de maio, celebrarase un obradoiro de itinerarios de emprego relacionado coa agricultura ecolóxica, o turismo rural e outros temas de desenvolvemento local.

 Estase a traballar tamén na celebración de actividades conxuntas entre as concellerías de Igualdade e Medio Ambiente.

Co respecto á atención de casos de violencia de xénero, a responsable da oficina informou que as usuarias son derivadas ao CIM da Guarda, aínda que nun par de meses, un equipo multidisciplinar da oficina de Igualdade e Benestar de Gondomar, se desprazará periodicamente para atender en Tomiño.

Na rolda de prensa presentouse tamén a cartelería e postais feita para promocionar a Oficina, nos que se incluíu información básica e teléfonos de atención e interese para a muller.

Na oportunidade deuse conta ademais das reunións mantidas coas asociacións locais para difundir a oficina e fomentar a creación de vocalías para xestionar a solicitude de axudas e realización de proxectos que fomenten á participación das mulleres.

Con respecto ás demandas das usuarias que nestes primeiros meses se achegaron á oficina, a técnica indicou que “a maioría solicita asesoramento, busca un traballo ou pregunta por formación”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: