Tomiño dedica o mes de xuño ás corais, baixo o lema «sons do románico»

 

:·:·: A concellería agradece a colaboración do Santuario San Campio de Lonxe :·:·:

A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, que preside o tenente de alcalde, Jesús Castiñeira, vén de presentar a súa programación cultural para este mes de xuño, na que o prato forte residirá nas actuacións das corais polifónicas, no marco do Santuario de San Campio de Lonxe, en Figueiró.

Deste xeito, todos os domingos de xuño, a partir das cinco e media da tarde, tras rematar a misa do peregrino, terán lugar, na Igrexa do Santuario de San Campio, actuacións:

-O día 7 abrirá a quenda a propia «Coral Polifónica de Tomiño».
-O día 14 actuará o coro «O Noso Lar», de Vilagarcía.
-O día 21 tocaralle a vez á «Camerata Ad Libitum».
-E o día 28 pechará o ciclo o «Coro Clásico de Vigo».

Este mes de xuño a programación cultural complétase con diferentes actos. En primeiro lugar, o sábado 20 de xuño terá lugar, no Auditorio de Goián, o peche do ciclo formativo da Escola Municipal de Teatro, coa entrega de diplomas e a representación de dúas obras a cargo dos propios alumnos da Escola. A primeira das actuacións será ás 19.00 h horas, a cargo do Grupo de Goián «Os goiananos», que representará a obra O mundo patas arriba. e a segunda terá lugar a continuación, a cargo do Grupo de Tomiño «Golfiño Teatro», que representará a obra A experiencia de Aladino cara de pino
En segundo lugar, o vindeiro domingo, 21 de xuño, ás dez e media da mañá, na Igrexa de Amorín, ofrecerá un concerto Camerata Viguesa; e o día 28, ás oito da tarde, o grupo «Animales Domésticos» ofrecerá un concerto de Jazz, no marco da Fortaleza de San Lourenzo, en Goián.

Finalmente, queremos recordar que continuará ata o 19 de xuño, na Galería do Auditorio Municipal, a exposición de pintura dos autores tomiñeses Basilio Calzado e Xerardo Rebagliati.

Jesús Castiñeira quixo agradecer a colaboración, nesta ocasión, da Administración do Santuario de San Campio de Lonxe, especialmente ao seu párroco, D. José Luis Portela Trigo, da Federación de Veciños Terra Miño, da Coral Polifónica de Tomiño, da Asociación de Veciños Fonte dos Carreiros de Figueiró, da Asociación de Veciños de Amorín, da Escola Municipal de Teatro e do programa Espazos Sonoros da Xunta de Galicia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: