O BNG solicita o arranxo urxente dos xardíns do Centro Cultural

O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, presentou un escrito no rexistro do concello da Guarda onde solicita que se tomen as medidas oportunas e urxentes para adecentar os xardíns do Centro Cultural.

O aspecto que se pode apreciar é desolador, pintadas en diferentes partes do edificio, cables totalmente soltos e desprotexidos, lumieiras rotas, soportes metálicos do que debían ser antigos farois de iluminación, ferros e forxas de xardineiras rotas totalmente desprotexidos, así como deficiencias na pista deportiva do que se traduce un mal mantemento do lugar por parte do concello. O actual estado dos xardíns e arredores do edificio constitúe un perigo para todas as persoas que acceden ao lugar, estado que foi denunciado por diferentes medios de comunicación dixital local.

Lembrar o esforzo económico que significou a instalación das portas metálicas para evitar, precisamente, o deterioro do entorno, polo tanto non se pode entender que agora resulte que teñamos o lugar totalmente descoidado e abandonado.

Debemos ter en conta que este edificio é moi transitado dado que é o único local municipal onde se celebran habitualmente actos de diferente índole (conferencias, exposicións, reunións, …), así como sede de diferentes servizos municipais.

A formación nacionalista insta ao goberno municipal a tomar medidas de xeito urxente e vai estar vixiante para que se fagan estas melloras no menor prazo posíbel.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: