Durante dous fin de semana de Agosto, o 9,10 e 16,17 a partir das 19:00 e ata as 24:00 horas, dezasete asociados a Acitui pondrán a venda nos stands que se instalarán no Paseo Da Corredoira artigos de liquidación de stocks cuns descontos moi atractivos. Sectores coma o téxtil, zapatería, artesanía, decoración, complementos, droguería, xoguetería, hípica, óptica son os que estarán presentes na Feira.
Por outra banda, toda persoa que se achegue a Tui, ademais de ter a posibilidade de mercar artigos na Feira poderá degustar por un euro os pinchos variados que ofrecen os establecementos da hostalería asociada a Acitui durante todo o día do sábado e domingo, facendo a Ruta do Europincho nos locais da Gran Manzana, Happy-Pizza, Don Sancho, La Jamoneta, Traviata, Scala, Restaurante Val Remesal, The White Clover.
Ademais haberá animación tanto para cativos con xogos e talleres de manualidades coma adultos con actuacións de artistas coma Freddy Donatto e Uxía e Rita con viola e violín.