A Asociación de Vigueses no Baixo Miño celebrou a Reconquista de Vigo

14 - Abril - 2009

O pasado día 28 celebrouse, por primeira vez, a conmemoración da Reconquista de Vigo, no concello de Tomiño, por iniciativa da Asociación de Vigueses no Baixo Miño, de recente constitución.

O acto foi moi animado e consistíu nun ágape, nos xardíns do Parque Infantil de Solleiro, non faltou como é lóxico, a bandeira oficial de Vigo, cedida polo Excmo. Concello de Vigo, para este fin.

Neste acto estivo presente o concelleiro de Benestar Social D. Pablo Baquero.